Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia a contratación de servicios que se cita.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: organización e montaxe dos stands institucionais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en diversos certames feirais da C.A. de Galicia que se van celebrar durante o ano 2000: Salimat (Silleda, do 3 ó 7 de maio), Expomar (Burela, do 18 ó 21 de maio), Expobarbanza (localidade comarca Barbanza/xullo-agosto (data por fixar) e Conxemar (Vigo, do 3 ó 5 de outubro).

División por lotes e número: non existen lotes.

Prazo de execución: estenderase desde o día seguinte ó do asinamento do contrato e ata os dous (2) días seguintes ó do remate do último certame.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catorce millóns (14.000.000) de pesetas (84.141,69 euros).

5. Garantías.

Provisional: 280.000 ptas. (1.682,83 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (rúa de Sar, 75, 15702 Santiago de Compostela; teléfono 981 54 63 04; ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o día no que se cumpran trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes: si.

8. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 9.30 horas do día 30 de marzo de 2000.

9. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2000.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados