Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.073

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 2 de marzo de 2000 pola que se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-los servicios prestados durante a folga convocada polo Sindicato Médico Profesional de Pontevedra no colectivo de médicos dependentes do Sergas nesa provincia que se levará a efecto desde o día 8 de marzo de 2000, con carácter indefinido, coa excepción de sábados, domingos e festivos.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servicios públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1998, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia santaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes, por razón dos servicios esenciais afectados para que, mediante orde e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, así como para determina-lo persoal necesario para a súa prestación.

Convocada folga que afecta o colectivo de médicos dependientes do Sergas na provincia de Pontevedra, incluíndo ós que realizan o seu labor en tódolos

ámbitos da atención primaria (servicios de urxencias incluídos) e os de atención especializada (todo o espectro hospitalario incluído urxencias, admisión e HADO) e que se levará a cabo o día 8 de marzo, por tempo indefinido, coa excepción de sábados, domingos e festivos, oído o comité de folga, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-A folga convocada para o día 8 de marzo de 2000, con carácter indefinido, excepto os sábados, domingos e festivos, que afecta ó colectivo de médicos dependentes do Sergas na provincia de Pontevedra, incluíndo os que realizan o seu labor en tódolos ámbitos da atención primaria (servicios de urxencias incluídos) e os de atención especializada (todo o espectro hospitalario incluído urxencias, admisión e HADO, enténdese condicionada ó mantemento dos servicios mínimos que se establecen no anexo desta orde.

Os servicios mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para mante-la adecuada cobertura dos servicios da institución sanitaria, para evitar que se produzan graves prexuízos ós usuarios.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibiliza-lo respecto ineludible ó exercicio do dereito á folga, coa atención ós usuarios que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servicio dispensado.

E por iso, mantéñense os servicios mínimos necesarios para garanti-la asistencia imprescindible ós pacientes hospitalizados, así como a atención urxente ós usuarios, que non pode aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

Entrando na análise pormenorizada dos servicios mínimos, establécense os criterios rectores de determinación deles, que se corresponden cos asinados coas centrais sindicais con motivo das folgas anteriores.

Os ditos criterios rectores explicítanse do seguinte xeito:

-Atención especializada:

Persoal facultativo:

1. Cobertura do 100% da actividade urxente nun dobre ámbito:

-Servicios de urxencias e gardas médicas.

-Quirófanos urxentes para a atención dos usuarios que, ó ingresar, requiran intervención cirúrxica inaprazable.

2. Cobertura da actividade cirúrxica dos pacientes hospitalizados, respecto ás patoloxías que poñan en perigo a súa vida ou agraven o seu estado de saúde.

3. Na área de hospitalización, establecerase o número necesario para garanti-la atención indefectible dos pacientes hospitalizados e as altas clínicas.

4. Garantirase, así mesmo, a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran ós pacientes hospitalizados que, ó criterio do facultativo, sexan necesarias.

5. No ámbito de consultas e procedementos en salas especiais atenderanse tamén as consideradas como urxentes ou preferentes, así como as interconsultas dos pacientes hospitalizados que o requiran, a criterio do facultativo.

6. Unidades especiais:

-Coidados críticos: o mesmo que para un domingo ou festivo.

-Diálise: o número necesario para garanti-los coidados dos pacientes afectados.

-Unidades da dor: o número necesario para garanti-los coidados dos pacientes afectados.

-Hospitais de día: o número necesario para garanti-los coidados dos pacientes afectados.

-De quirófano: número necesario para a cobertura da actividade cirúrxica dos pacientes hospitalizados respecto das patoloxías que poñan en perigo a vida dos mesmos ou agraven o seu estado de saúde.

-Atención primaria:

1. Cobertura do 100% da actividade urxente.

2. Os servicios mínimos que se fixan no tramo ordinario de atención prestarán asistencia urxente ou inaprazable desa unidade calquera que sexa a modalidade da prestación:

-50% persoal médico por centro.

Con tales premisas determínase no anexo desta resolución, por grupos profesionais, o número de servicios mínimos do persoal afectado.

Artigo 2º.-A designación nominal, con carácter rotatorio, do persoal que deberá cubri-los distintos servicios será determinada polo director xerente do centro, procedéndose á súa publicación nos taboleiros de anuncios do centro de traballo.

Artigo 3º.-Os prazos e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servicios mínimos determinados no anexo, asi como os expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro de atención primaria, serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1º do Real decreto Lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9).

Artigo 4º.-O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ó persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5º.-Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observa-las normas legais

e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Hospital Meixoeiro de Vigo

Persoal facultativo:

-Facultativos de urxencias o 100%.

-Facultativos de garda o 100%.

ServiciosS. mínimos

nº Efect.

Categorías

Análises clínicas2

Anatomía patolóxica1

Anestesia5

Aparello dixestivo1

Cardioloxía2

Cirurxía xeral3

Ciruxía plástica2

Endocrinoloxía1

Farmacia2

Xeriatría1

Xinecoloxía3

Hematoloxía2

Inmunoloxía1

Medicina interna2

Medicina nuclear1

Medicina preventiva1

Microbioloxía1

Nefroloxía1

Pneumoloxía2

Neurofisioloxía1

Otorrinolaringoloxía2

Neuroloxía2

Dermatoloxía1

Oftalmoloxía2

Oncoloxía1

Psiquiatría1

Radioloxía3

Rehabilitación1

Reumatoloxía1

Traumatoloxía4

UCI2

Uroloxía3

Total56

Complexo Hospitalario de Pontevedra

Persoal facultativo:

-Facultativos de garda. Tarde e noite (P. física e localizada) o 100%.

Xornada ordinaria de 8 horas a 15 horas.

ServiciosS. mínimos

Alerxia1

Anatomía patolóxica11

Anestesia, reanimación33

Cardioloxía11

Cirurxía xeral22

Dermatoloxía2

Dixestivo11

Estomatoloxía1

Endocrinoloxía11

Farmacia11

Hematoloxía-B.Sangue12

Microbiloxía11

M. preventiva1

M. interna22

Nefroloxía11

Neuroloxía11

Neumoloxía11

Neurofisioloxía clínica11

Obstetricia e xinecoloxía22

Oftalmoloxía2

Oncoloxía1

Otorrinolaringoloxía2

Psiquitría11

Pediatría22

Radioloxía22

Reumatoloxía1

Rehabilitación11

Traumatoloxía33

UCI11

Uroloxía22

Urxencias4/1*4/2

Cirurxía vascular2

HADO1

* Mañá/tarde

Centro de especialidades Mollabao:

ServiciosS. mínimos

Cirurxía1

Psiquiatría1

Uroloxía1

Dermatoloxía1

Oftalmoloxía1

Ambulatorio San Roque de Vilagarcía:

ServiciosS. mínimos

Análises clínicas1

Radioloxía1

Ambulatorio Virxe Peregrina, Pontevedra:

ServiciosS. mínimos

COF1

Radiodiagnóstico1

Ambulatorio San Paio da Estrada:

ServiciosS. mínimos

Análises clínicas1

Oftalmoloxía1

Hospital Xeral-Cíes

Persoal facultativo:

-Facultativos de urxencias o 100%.

-Facultativos de garda o 100%.

Xornada ordinaria de 8 a 15 horas.

ServiciosS. mínimos

Admisión1

Alergoloxía1

Análises clínicas4

Anatomía patolóxica1

Anestesia e reanimación5

Ansioloxía cardiovascular2

Cardioloxía2

Cirurxía xeral5

Cirurxía maxilofacial1

Cirurxía torácica2

Dermatoloxía1

Dixestivo2

Endocrinoloxía2

Farmacia hospitalaria1

Hematoloxía3

HADO1

Medicina intensiva3

Medicina interna4

Medicina preventiva 1

Nefroloxía 1

Pneumoloxía2

Neurocirurxía3

Neurofisioloxía clínica1

Neuroloxía2

Obstetricia e xinecoloxía6

Oftalmoloxía2

Oncoloxía1

ORL2

Pediatría6

Psiquiatría6

Radiodiagnóstico5

Rehabilitación1

Reumatoloxía1

Traumatoloxía3

Uroloxía2

Urxencias H. Xeral4

Urxencias H. Cíes1

Atención continuada: desde as 15 horas ás 8 horas do día seguinte.

Facultativos especialistas:

Urxencias Hospital Xeral:

-2 efectivos desde as 15 horas ata as 22 horas (quenda).

-1 efectivo desde as 22 horas ás 8 horas do día seguinte (quenda).

-1 efectivo de 15 horas ás 8 horas do día seguinte.

Urxencias Cíes: 1 efectivo (quenda).

HADO: 1 localizado de 15 a 21 horas (A. continuada).

Resto das áreas asistenciais: os equipos completos de facultativos especialistas xa previstos na programación previa do cadro de gardas médicas e na forma establecida.

Internos residentes:

Tódalas áreas asistenciais: os equipos completos de internos-residentes xa previstos na programación previa do cadro de gardas médicas e na forma establecida.

Hospital Nicolás Peña

Persoal facultativo:

ServiciosS. mínimos

Gardas noite1

Gardas mañá2

Especialista M.I.1

Laboratorio1

Farmacia1

Radioloxía1

Total7