Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.071

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 23 de febreiro de 2000 pola que se declara de interese galego a Fundación Álvaro Cunqueiro Mora e se inscribe no Rexistro de Fundacións deste protectorado.

Visto o expediente de recoñecemento de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Álvaro Cunqueiro Mora, con domicilio en Mondoñedo (Lugo).

Supostos de feito.

Primeiro.-Manuel Javier Loira Rúa, na súa calidade de vicepresidente da fundación, en escrito do vintecatro de marzo de 1999, formulou solicitude de clasificación para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Segundo.-A fundación foi constituída en escritura publica outorgada en Modoñedo, o día vinteoito de febreiro de mil novecentos noventa e oito, ante o notario do Colexio da Coruña, José Antonio Caneda Goyanes, co número catrocentos sesenta e catro do seu protocolo por Manuel Javier Loira Rúa, Enrique Cal Pardo, Xosé Francisco Armesto Faginas, Félix Villares Mouteira, Germán Palacios Rico, Manuel María Fernández Teixeiro, Carmen Blanco García,

Ramón Carlos Reimunde Noreña, César Cunqueiro González-Seco, Antonio Meilán García, Juan Puchades Quilis, José Ramón Freire Sánchez, César Carlos Morán Fraga, Juan Cueto Alas, Francisco Fernández del Riego, Domingo García Sabell, Manuel Gallego Jorreto, Manuel Rivas Barrón, María José Porteiro García, Dolores Vilavedra Fernández, Manuel María Lorenzo Pérez, Armando Requeixo Cuba, Fernando López Alsina, Daniel Río Rubal, Enrique Rodríguez Rodríguez, Xosé Vizoso Fernández, Alicia Puchades Tella-Vilamarín, Xosé Artiaga Barreira, Claudio Rodríguez Fernández, Juan Ramón Díaz García, Xesús Rábade Paredes, Xabier Lama López, Ricardo Pedreiras Pérez, Xosé Miranda Ruiz, Basilio Losada Castro, Homero José María Pérez Quintana, Manuel Pérez Álvarez, Alfonso Barca Lozano, Francisco Maseda Eimil; interveñen Manuel Javier Loira Rúa como alcalde presidente do Concello de Mondoñedo e en nome e representación de Ángel Tarrío Varela; María José Porteiro García, ademais de por si, intervén como

mandataria verbal do seu cónxuxe José Antonio Perozo Ruíz; Homero José María Pérez Quintana intervén como mandatario verbal de Manuel Fraga Iribarne e en nome e representación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia; Manuel Pérez Álvarez como mandatario verbal do Concello de Vigo; Alfonso Barca Lozano como mandatario verbal da Uni

versidade da Coruña; Francisco Maseda Eimil en nome e representación da Universidade de Santiago de Compostela e de Francisco Darío Villanueva Prieto; José Vizoso Rey, ademais de por si, como mandatario verbal de Isaac Díaz Pardo, e tódolos demais en nome propio.

Terceiro.-A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elévalle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Álvaro Cunqueiro Mora, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das funciacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Cuarto.-Á vista da proposta da comisión de secretarios xerais, por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 19 de xaneiro de 2000 (DOG do 28 de xaneiro) clasificouse como de interese cultural a Fundación Álvaro Cunqueiro Mora, tendo en conta o disposto no artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego.

Quinto.-Segundo consta no título I dos seus estatutos, o obxecto da fundación é recompilar, estudir, salientar e divulga-la obra literaria, cultural e mesmo humana de Álvaro Cunqueiro Mora; recompilar, estudiar, salientar e divulga-la obra dos mindonienses que destacaron pola súa capacidade creadora en tódalas manifestacións artísticas; realizar todas aquelas actividades necesarias para alcanza-los obxectivos anteriores, incluídas as de docencia, investigación, promoción e publicación.

Sexto.-Na escritura pública pola que se constitúe a fundación, constan, entre outros, os seguintes puntos: acreditación da personalidade dos fundadores, dotación inicial da fundación, estatutos nos que consta a denominación da fundación como Fundación Álvaro Cunqueiro Mora, capacidade xurídica, domicilio e obxecto.

O padroado da fundación estará constituido polos membros que se designan no artigo 10 dos estatutos da fundación.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime de fundacións de interese galego.

Segundo.-Conforme o artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, así como no artigo 1º do Decreto 12/1990, é competencia desta consellería a declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Álvaro Cunqueiro Mora, dado o seu obxecto, coincidente coas competencias desenvolvidas pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, asumindo as funciósn que en canto a protectorado lle corresponden á Xunta de Galicia.

Terceiro.-Ó abeiro do disposto no artigo 7.5º da Lei 7/1983, do 22 de xuño, á realización da finalidade fundacional débense destinar, cando menos, o oitenta por cento das rendas que obteña a fundación e dos outros ingresos que non formen parte da dotación dela.

Cuarto.-A Lei 11/1991, do 8 de novembro, dálle nova redacción ó artigo 21.2º da Lei 7/1983, establecendo a obriga de, por unha parte lle formular e presenta-lo orzamento de ingresos e gastos ó protectorado con anterioridade ó inicio do exercicio económico e, por outra, a de efectuar un inventario-balance, pechado na data de finalización do exercicio, unha memoria das actividades realizadas ó longo do ano e da xestión económica do seu patrimonio, así como a liquidación do orzamento de ingresos e gastos do ano anterior que deberán presentárselle ó protectorado no prazo de seis meses desde a data de peche do exercicio.

Este conxunto de obrigas débense entender asumidas pola fundación, aínda que non se recollan expresamente nos seus estatutos.

Quinto.-Á vista do exposto pódense entender substancialmente cumpridos os requisitos legais e regulamentarios para a declaración de interese galego e a súa inscrición no Rexistro de Fundacións, Sección de Fundacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo segundo se desprende dos artigos 5, 6, 7, 8, 11.1º e 18 da Lei 7/1983, en relación cos artigos 2, 3, 4, 5, e 33 do Decreto 248/1992.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Primeiro.-Recoñecer e declarar de interese galego a Fundación Álvaro Cunqueiro Mora.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, Sección de Fundacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Terceiro.-Aproba-los seus estatutos e a formación do seu órgano de goberno.

Cuarto.-A dita fundación queda sometida ó disposto no resto da normativa de xeral aplicación, en especial á obriga de lles dar publicidade suficiente

ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios, quedando obrigada a render contas anualmente ó protectorado e a xustificar, a través dunha memoria anual, o cumprimento das cargas fundacionais, así como a presenta-lo proxecto de orzamento antes do último mes do exercicio económico anterior a aquel para o que se formula, debendo solicita-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo