Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da resolución do expediente sancionador de epizootias OU-T-129/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín o procedemento sancionador que tamén se indica, por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21 de xuño), posto que intentada a notificación non se puido practicar.

O importe da sanción será ingresado en calquera entidade bancaria, na conta Tesouro Facenda Galega, recadación de multas e sancións, Sanidade Agropecuaria 44/030/03919/6 de Caixavigo e Ourense,

no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta Delegación Provincial, sita na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6 baixo, 32003 Ourense.

De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Non obstante o manifestado no parágrafo anterior, contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, segundo establece o artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro citada. Transcorrido o prazo indicado sen formula-lo pertinente recurso, esta resolución será firme para tódolos efectos.

Ourense, 17 de febreiro do 2000.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente:OU-T-129/1999.

Interesado: Jaime-Ramón Zamora Lorenzo.

DNI: 35.256.424.

Último enderezo coñecido: rúa da Torre. Pontevedra.

Feito denunciado: transportar no camión PO-3629-BK, un can, sen esta-lo vehículo inscrito no Rexistro Provincial de Sanidade Animal.

Tipificación da infracción: preceptos infrinxidos. Artigo nº 52 Regulamento de epizootias aprobado polo Decreto do 4 de febreiro de 1955, modificado polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio.

Sanción: 10.000 pesetas.