Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores AG-SA-131/99-PO e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as propostas de resolución, dictadas pola instructora nos expedientes que, por infracción do Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955, se están tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/93, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días habiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-los expedientes, no Servicio Técnico Xurídico, sito na r/Benito Corbal nº 47-4ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 2 de febreiro de 2000.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-131/99-PO.

Denunciado: Juan Cabaleiro Salgado.

Feito denunciado: falta do certificado de inscrición do vehículo, falta de carné de tratante e falta de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Data do acordo de incoación: 4-10-1999.

Alegacións á incoación: non presenta escrito de alegacións.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 52.4º, 212 e 213 do Decreto do 4-2-1955, polo que se aproba o regulamento á Lei de epizootias do 20-12-1952.

Precepto sancionador: artigos 224, 212 e 213 do Regulamento de epizootias, segundo a actualización

das sancións realizada polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio.

Sanción: de 24.000 ptas. segundo o artigo 212, 10.000 ptas. segundo o artigo 213 e de 15.000 ptas. segundo o artigo 224.

Expediente: AG-SA-145/99-PO.

Denunciada: Graciana Pérez Comesaña.

Feito denunciado: oposición á colaboración para o saneamento dos animais.

Data do acordo de incoación: 21-10-1999.

Alegacións á incoación: non presenta escrito de alegacións.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 2.1º.3 do Decreto 1945/1983, do 22 de xuño.

Precepto sancionador: artigo 2.1º.3 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño.

Sanción: de 25.000 ptas. segundo o artigo.

Expediente: AG-SA-147/99-PO.

Denunciado: Manuel Capón Carrascoño.

Feito denunciado: falta de certificado de inscrición do vehículo e falta de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Data do acordo de incoación: 22-10-1999.

Alegacións á incoación: non presenta escrito de alegacións.

Preceptos infrinxidos: incumprimento dos artigos 212 e 52.4º do Decreto do 4-2-1955, polo que se aproba o Regulamento á Lei de epizootias do 20-12-1952.

Precepto sancionador: artigos 212 e 224 do Regulamento de epizootias, segundo a actualización das sancións realizada polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio.

Sanción: de 9.954 pesetas, segundo o artigo 212 e 15.000 pesetas segundo o artigo 224.