Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.961

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 17 de febreiro de 2000 pola que se lle autoriza o cambio de categoría a unha escola de navegación de lecer.

A Orde do 31 de xullo de 1998 desta consellería (DOG nº 164, do 25 de agosto), establece o mecanismo para o recoñecemento e modificación das escolas de navegación de lecer.

Solicitándose unha modificación de categoría pola escola XGEN004.-Real Club Náutico de Vigo e logo de cumprido o procedemento establecido, procede realiza-la súa inscrición na nova categoría.

Polo exposto,

RESOLVE:

Artigo 1. Cambiar de categoría a seguinte escola.

XGEN004.-Real Club Náutico de Vigo á Escola de Navegación de Lecer (ENAL).

Artigo 2. Modifica-la inscrición da citada escola no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2000.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura