Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.920

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2000 do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña.

Visto o expediente de revisión salarial para o ano 2000 do convenio colectivo do sector de limpeza e edificios e locais da provincia da Coruña (código 1500945), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 25-1-2000, subscrito pola comisión paritaria do convenio colectivo, integrada en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Limpeza de Edificios e Locais da Coruña e da parte social, por CIG, UGT e CC.OO., o día 21-1-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, de 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDAR:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña

Na Coruña, nos locais da Confederación de Empresarios, sendo as 12 horas do día 21 de xaneiro de 2000, reúnense en representación da parte empresarial Jesús Gómez Vázquez, Arsenio Mezquiriz Andrade, Ubaldo Pérez Rodríguez, Ramón Salgado Fuentes e J. Félix Valderrey de la Huerga, e en representación da parte social Alfredo Santomil García (CIG), Luis Soto Sabio (CIG), Mª Carmen Brea Iglesias (UGT) e Victoria Pumar Carrón (CC.OO.), todos/todas eles/elas como membros da comisión paritaria do convenio colectivo provincial da Coruña para as empresas de limpeza e edificios e locais, regulada no artigo 6º do citado convenio.

O obxectivo desta xunta é o de proceder á revisión salarial para o ano 2000.

Inicialmente procédese a realiza-la revisión salarial que establece o artigo 28º polo exceso do IPC de 1999. As táboas salariais resultantes servirán de base para a confección das táboas salariais para o 2000.

A continuación aplícase a suba salarial para o ano 2000 de acordo co establecido nos artigo 17º, 19º e 20º. A táboa salarial resultante é a que figura como anexo I desta acta.

O complemento de antigüidade consolidada daqueles traballadores/as que o tiveran recoñecido, de acordo co establecido no artigo 18º, será revisado no 2,5% para o ano 2000.

O importe mínimo das axudas de custo establecidas no artigo 26º, para o ano 2000, quedarán do seguinte xeito:

-Cando teña que comer e pernoitar fóra da casa: 5.644 ptas.

-Cando se realicen as dúas comidas principais fóra do domicilio: 3.386 ptas.

-Cando se realice unha soa comida: 1.896 ptas.

O salario mínimo de convenio para o ano 2000 será de 1.599.819 ptas.

Facúltase a Luis Soto Sabio para que proceda a realiza-los trámites oportunos diante da Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para o rexistro e posterior publicación desta acta.

Sen máis asuntos que tratar dáse por rematada a reunión sendo as 13.30 horas do día do encabezamento, asinando tódolos presentes en proba de acordo e conformidade.

ANEXO I

Salario base 2000

pesetas

Salario base 2000

euros

MensualAnualMensualAnual

Administrativos
Xefe/a de primeira144.3222.164.830867,3913.010,89
Xefe/a de segunda138.8982.083.470834,7912.521,91
Caixeiro/a135.6232.034.345315,1112.226,66
Oficial de primeira130.7101.960.650785,5811.783,74
Oficial de segunda116.6561.749.840701,1210.516,75
Auxiliar106.8291.602.435642,069.630,83
Telefonista103.8131.557.195623,939.358,93
Cobrador/a103.8131.557.195623,939.358,93

Mandos intermedios
Encargado/a xeral134.2702.014.050806,9812.104,68
Encargado/a de zona124.8091.872.135750,1211.251,76
Encargado/a de sector119.7231.795.845719,5510.793,25

Subalteros/as
Ordenanza97.0091.455.135583,048.745,54
Almaceneiro/a95.2201.428.300572,288.584,26
Mozo/a de recados76.8821.153.230462,076.931,05

Persoal de limpeza
Encargado/a103.2021.548.030620,269.303,85
Responsable de equipo98.2581.473.870590,548.858,14
Especialista111.5101.672.650670,1910.052,83
Conductor/a-limpador/a116.7611.751.415701,7510.526,22
Peón especialista99.1851.487.775596,118.941,71
Peón96.7491.451.235581,478.722,10
Limpador/a96.7491.451.235581,478.722,10

Compl. de asistencia7.66691.99246,07552,88
Compl. de transporte4.71656.59228,34340,12