Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.919

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto da acta do acordo de axuste do calendario anual do sector da construcción para o ano 2000 da provincia de Ourense.

Visto o texto da acta do acordo de axuste do calendario anual do sector da construcción para o ano 2000 da provincia de Ourense (código convenio nº 3200155 publicado no BOP nº 192, do 21-8-1999), con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 19-1-1999, subscrito polas partes lexitimadas para negocia-lo convenio provincial do sector da construcción da provincia (ACO, MCA-UGT, FECOMA-CC.OO. e FCM-CIG), o día 18-1-2000, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á

Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo,

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 27 de xaneiro de 2000.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

MCA-UGT:

Javier Carreiro Vázquez.

Delmiro Pérez Somoza.

FECOMA-CC.OO.:

José Gómez Gómez.

FCM-CIG:

Anxo Pérez Carballo.

Xan Losada González.

David Ledo Domínguez.

Guillermo Guede Glez.

ACO:

Sara González Jácome.

Carlos Fernández Alonso.

Jorge Caride Luna.

Eligio Nieto Lama.

Manuel Novoa Velo.

Cesáreo Fernández Ríos.

En Ourense, ás 20 horas do martes 18 de xaneiro de 2000, reúnense nos locais da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense (ACO) as persoas sinaladas á marxe, previamente convocadas para o efecto, partes lexitimadas para asinaren convenios ou acordos sectoriais da construcción de ámbito provincial. Preside a reunión Javier Carreiro Vázquez e noméase secretario a Cesáreo Fernández Ríos.

Como único punto da orde do día trátase o tema da xornada laboral anual para o presente ano 2000 e adóptanse os seguintes acordos, logo de deliberación, posterior debate e votación:

Primeiro.-As partes lexitimadas para negociaren o convenio provincial do sector da construcción da provincia de Ourense fixan como días non laborables para axuste do calendario anual do sector da construcción para o ano 2000 os seguintes:

6 de marzo (luns de Entroido), 17 de maio, 24 de xullo, 14 de agosto, 13 de outubro e 7 de decembro.

Estas datas poderanse permutar por outras diferentes, logo de acordo entre a empresa e o traballador.

Cando un festivo local coincida con algún día non laborable de convenio, este pasarase ó anterior ou posterior día laborable.

Estes días así establecidos non computarán para efectos do desfrute das vacacións.

Este acordo apróbase por unanimidade.

Segundo.-Por unanimidade facúltase a Cesáreo Fernández Ríos para presentar esta acta ante a delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para o seu rexistro, inscrición, depósito e publicación.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, logo de lectura e aprobación por unanimidade desta acta, sendo as 21.15 horas do día da data, asinando por septuplicado e para un único efecto.