Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.919

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de febreiro de 2000, polo que se declara festa de Galicia de interese turístico a Festa de Xesús O Nazareno-Festa das Mortallas da Pobra do Caramiñal.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 18 de febreiro de 2000 adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

Declarar festa de Galicia de interese turístico da provincia da Coruña, segundo o Decreto 203/1998, polo que se regulan as declaracións de festas de Galicia de interese turístico, a Festa de Xesús O Nazareno-Festa das Mortallas da Pobra do Caramiñal.

En cumprimento do disposto no artigo 7 do devandito decreto, ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas ou entidades organizadoras da festa e ó concello correspondente.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo