Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.919

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de febreiro de 2000, polo que se declara festa de Galicia de interese turístico as Festas de San Froilán de Lugo.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 11 de febreiro de 2000 adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

Declarar festa de Galicia de interese turístico da provincia de Lugo, segundo o Decreto 203/1998, polo que se regulan as declaracións de festas de Galicia de interese turístico as Festas de San Froilán de Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 7 do devandito decreto, ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas ou entidades organizadoras da festa e ó concello correspondente.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura Comunicación Social

e Turismo