Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 2000 Páx. 2.893

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2000 pola que se notifica a resolución do recurso ordinario interposto contra a resolución do expediente de conservación de espacios naturais 19/1998 da Coruña.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a resolución do dito recurso ordinario.

Esta resolución esgota a vía administrativa e na súa contra procederá a interposición do recurso contencioso-administrativo, que se interporá, á elección do recorrente, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo do lugar onde teña o seu domicilio o recorrente, ou perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da cidade da Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2000.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador de conservación de espacios naturais: Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Expediente: 19/1998 da Coruña.

Denunciado: Antonio Enríquez García.

Último enderezo coñecido: praza do Concello, nº 11-1º esquerda. Ribeira (A Coruña).

Contido da resolución recorrida.

Feitos: limpeza e exploración dentro da zona 1 (área litoral) do parque natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

Cualificación da infracción: leve.

Tipificación: artigo 38.12º da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 50.000 pesetas.

Resolución do recurso: desestimado, confirmando a resolución en tódolos seus termos.