Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 2000 Páx. 2.893

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2000 pola que se fai pública a adxudicación do concurso, polo procedemento aberto, para a subministración de corenta e tres ordenadores persoais e da adquisición de dous servidores para o Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1996, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, dispoño a publicación da adxudicación do seguinte contrato de subministración:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 10/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de subministración.

b) Descrición do obxecto: concurso, polo procedemento aberto, para a subministración de corenta e tres ordenadores persoais e da adquisición de dous servidores para o Parlamento de Galicia.

c) Lotes: dous.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 233, do 2 de decembro de 1999 e c.e., Diario Oficial de Galicia nº 236, do 9 de decembro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Lote número 1:

43 ordenadores.

13 monitores de 17''.

12 monitores de 15''.

1 portátil.

25 impresoras láser.

41 licencias Ms-Officce.

41 licencias Win 95.

Importe total do lote núm. 1: 21.450.00 ptas. (128.917,2 euros).

Lote número 2:

2 servidores iguais e un subsistema de almacenamento accesible para ámbolos servidores simultaneamente, que deberá funcionar como un NT cluster tanto para Windows NT 4.0 E.E. coma para SQL.

Importe total do lote núm. 2: 12.000.000 de ptas. (72.121,45 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 13 de xaneiro de 2000.

b) Contratistas:

Bull (España), S.A.: Lote nº 1.

Galiática, S.A.: Lote nº 2.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación:

Lote nº 1: 14.301.735 ptas. (85.955,16 euros).

Lote nº 2: 12.000.000 de ptas. (72.121,45 euros).

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2000.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia