Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 2000 Páx. 2.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada nos expedientes sancionadores de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres 98/047 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-118/1 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días habiles, contados a partir do día seguinte en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CEN-99/010.

Denunciado: Daniel Ortega Pampín.

DNI: 46.904.200-R.

Último enderezo coñecido: José Bugallal Marchesi, P 7-3º B, A Coruña.

Feitos denunciados: acampar e facer lume nun espacio natural protexido.

Tipificación da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, artigos 38.2º e 3º en relación co artigo 3ºE,C; cualificación leve.

Sanción proposta: 30.000 ptas.

Expediente: CEN-98/064.

Denunciado: Juan Luis Iglesias Pena.

DNI: 44.129.380-Q.

Último enderezo coñecido: Francisco Llorens, 7, A Coruña.

Feitos denunciados: acampar en zona prohibida.

Tipificación da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, artigo 38.3º en relación co artigo 3.4º.C; cualificación leve.

Sanción imposta: 15.000 ptas.

Expediente: CEN 98/047.

Denunciado: José Luis Fernández Sánchez.

DNI: 12.354.809.

Último enderezo coñecido: Perpendicular Orillamar, 36-J-3º A, A Coruña.

Feitos denunciados: circular co vehículo Peugeot 309 C-3172-AL e estacionamento por zona prohibida.

Tipificación da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, artigo 38.13º en relación co artigo 3.5E); cualificación leve.

Sanción imposta: 15.000 ptas.