Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 2000 Páx. 2.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada nos expedientes sancionadores de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres 99/042 e 99/047.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la propostas de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción administrativa da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28), por non ser posible a súa notificación.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na Delegación Provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial desta consellería na Coruña, para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da postestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9).

A Coruña, 26 de xaneiro de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CEN-99/042.

Denunciado: José Félix Gestal Garea.

DNI: 32.812.257-C.

Último enderezo coñecido: Cardenal Cisneros, 63-6º H, A Coruña.

Feitos denunciados: acampar en lugar prohibido.

Tipificación da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, artigo 38.2º; cualificación leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

Expediente: CEN-99/047.

Denunciado: Rosario Zúñiga García.

DNI: 29.079.985-G.

Último enderezo coñecido: Camino del Genil, 8, Quejar Sierra Granada.

Feitos denunciados: acampar en zona prohibida.

Tipificación da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, artigo 38.3º en relación co 3º.C); cualificación leve.

Sanción imposta: 15.000 ptas.