Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 2000 Páx. 2.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres 99/023 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, (BOE, nº 74, do 28), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana Mª Díaz López e secretaria a Mª Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para a recusación da persoa designada como instructora, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade san

cionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9).

A Coruña, 26 de xaneiro de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CEN-99/023.

Denunciado: Antonio Fernández Pena.

DNI: 76.465.611.

Último enderezo coñecido: Carreiras, nº 46, Ponte Caldelas (Pontevedra).

Feitos denunciados: circulación por zona prohibida ó vehículo Ford Escort TD PO-6408-BJ.

Tipificación da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, artigo 38.13º en relación co artigo 3.5E); cualificación leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

Expediente: CEN-99/043.

Denunciado: David Delmonte Fernández.

DNI: 32.837.438-Q.

Último enderezo coñecido: Tornos, 27-2º A, A Coruña.

Feitos denunciados: acampar en zona prohibida.

Tipificación da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, artigo 38.2º; cualificación leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

Expediente: CEN-99/046.

Denunciado: Gaspar Domínguez Méndez.

DNI: 22.975.569-H.

Último enderezo coñecido: Real, 77-2º, Ferrol.

Feitos denunciados: acampar en zona prohibida.

Tipificación da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, artigo 38.3º; cualificación leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

Expediente: CEN-99/071.

Denunciado: José Pereira Sales.

DNI: 32.426.277-A.

Último enderezo coñecido: lugar Celas de Peiro, 88, Culleredo (A Coruña).

Feitos denunciados: circular por zona prohibida coa motocicleta Triumph C-3263-BT.

Tipificación da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, artigo 38.13º; cualificación leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

Expediente: CEN 99/077.

Denunciado: Manuel López Nieto.

DNI: 273.178.

Último enderezo coñecido: Ayala, 99-6º Dta., 28006 Madrid.

Feitos denunciados: circular por zona prohibida co vehículo Suzuki Vitara J-5785-AC.

Tipificación da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, artigo 38.13º; cualificación leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.