Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 2000 Páx. 2.887

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

EDICTO do 31 de xaneiro de 2000 polo que se lle notifica a Olga Santiago Santos a resolución da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 31 de novembro de 1999, pola que se declara desistida da súa petición de axuda para nova construcción do barco Galia.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 4/1999, do 6 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó ser devolta polo servicio de correos a resolución enviada no seu día, notifícaselle a Olga Santiago Santos, que ten como último domicilio coñecido Rivero de Aguilar, 1-4ºG, de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), a resolución da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 31 de novembro de 1999, pola que se declara desistida da súa petición de axuda para nova construcción do barco Galia e que se reproduce no anexo.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2000.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO

Resolución do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se denega a concesión de axuda para a creación, modernización, ampliación e innovación

tecnolóxica de instalacións de acuicultura

Visto o expediente nº PE205A98/180-8 presentado por Olga Santiago Santos, en representación de si mesma, sobre nova construcción do barco Galia, ó

abeiro do disposto na Orde do 12 de febreiro de 1998.

Antecedentes.

Unha vez examinada a documentación presentada no expediente, requírese a Olga Santiago Santos para que achegue diversa documentación complementaria co obxecto de completa-lo expediente, sendo devoltos en dúas ocasións os escritos de requirimento.

Finalizado o prazo, Olga Santiago Santos non presentou a documentación que lle foi requirida.

Fundamentos xurídicos.

Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, de 1993).

Decreto 278/1994, do 8 de setembro, modificado polo Decreto 123/1996, do 14 de marzo, polo que se establece o programa de axudas con finalidade estructural no sector da pesca, a acuicultura e a transformación e a comercialización dos seus productos (DOG nº 181, de 1994).

Orde do 12 de febreiro de 1998 pola que se establecen as normas para a concesión das axudas a investimentos no ámbito da acuicultura (DOG nº 145, de 1998).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución da Delegación Territorial desta consellería en Vigo, o artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación,

RESOLVO:

Declarar a Olga Santiago Santos desistida da súa petición de axuda para nova construcción do barco Galia, por non ter achegado á solicitude de iniciación do expediente a documentación requirida no prazo previsto, de acordo co disposto no artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa notificación. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunto do recurso de reposición.

Notificación.

Mediante este documento notifícolle esta resolución segundo o esixido no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, citada.