Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 2000 Páx. 2.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

EDICTO do 28 de xaneiro de 2000 polo que se lle notifica a María Esther Carballo Alcaine a resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños do 25 de novembro de 1999, pola que se acorda a asignación de cuadrículas no acordo de reordenación de Cambados ós viveiros: Mapesvi I, Mapesvi II, Mapesvi III, Mapesvi IV, Mapesvi V e Mapesvi VI.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 4/1999, do 6 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó ser devolta polo servicio de correos a resolución enviada no seu día, notifícaselle a Mª Esther Carballo Alcaine, que ten como último domicilio coñecido a Urbanización O Rial, rúa A Sobreira, 30 de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), a resolución da Dirección Xeral de Recur

sos Mariños, relativa á asignación de cuadrículas no acordo de reordenación de Cambados ós viveiros: Mapesvi I, Mapesvi II, Mapesvi III, Mapesvi IV, Mapesvi V e Mapesvi VI e que se reproduce no anexo.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2000.

P.O. (17-12-1997)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

ANEXO

Asunto: asignación de cuadrículas no acordo de reordenación de Cambados ós viveiros: Mapesvi I, Mapesvi II, Mapesvi III, Mapesvi IV, Mapesvi V e Mapesvi VI.

En virtude da orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 8 de xuño de 1999, publicada no DOG nº 147, do 2 de agosto, corrixida no DOG nº 195, de 7 de outubro, pola que se dispón o cumprimento da sentencia do Tribunal Supremo do 17 de febreiro de 1999, recaída no recurso de casación nº 3440/1993, interposto por Mª Esther Carballo Alcaine, contra a sentencia dictada con data do 7 de abril de 1993 pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Esta Dirección Xeral de Recursos Mariños acorda autoriza-lo fondeo dos viveiros obxecto de recurso nas situacións que se relacionan a continuación:

NOME DO VIVEIROPOLÍGONOCUADRÍCULA

MAPESVI ICAMBADOS A200

MAPESVI IICAMBADOS A201

MAPESVI IIICAMBADOS A203

MAPESVI IVCAMBADOS A204

MAPESVI VCAMBADOS A205

MAPESVI VICAMBADOS A206

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Os viveiros deberán ser fondeados nas cuadrículas asignadas, no prazo máximo de tres meses a partir da recepción da resolución, nos termos e condicións que sinala a lexislación vixente.

Segunda.-Os artefactos deberán contar coa preceptiva autorización das autoridades competentes para o seu traslado ata o punto de fondeo.

O traslado ata as cuadrículas asignadas será previamente comunicado á Delegación Territorial desta consellería en Vigo (r/ de Palma nº 4, C.P. 36202), para os efectos de que se realice baixo a dirección e supervisión de funcionarios do Servicio de Protección de Recursos e se levante a correspondente acta de fondeo e ocupación.

Terceira.-De acordo co disposto na orde desta consellería do 28 de xaneiro de 1998 (DOG nº 30), os viveiros deberán levar visiblemente unha placa identificativa de acordo co modelo aprobado para

o efecto. Os efectos de seguridade dos artefactos, navegación e defensa, deberán cumpri-lo disposto na lexislación vixente.

Cuarta.-O concesionario queda obrigado a observa-los preceptos que determina a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), o disposto no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228).

Quinta.-O concesionario queda obrigado a proporcionarlle á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura os datos estatísticos que regulamentariamente se determinen, de conformidade co artigo 18 da Lei 9/1998, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, e o artigo 73 da mencionada Lei 6/1993.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da notificación da presente resolución, segundo dispón o artigo 114 da Lei 30/1992, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.