Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 2000 Páx. 2.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 3/2000 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14), notifícaselle ás persoas que a seguir se relacionan, a quen non se lle puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase a seguir:

ANEXO

-Nome-DNI/NIF-Nº expediente-Precepto infrinxido-Último domicilio-Multa máxima

Francisco García Fernández34.192.942LU-E 3/200026-e) ou 23-o) en

relación co 26-e) LO 1/1992

r/ Catedral 5, LugoAta 50.000 ptas. ou ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Álvaro García Martínez45.425.204LU-E 6/200026-e) ou 23-o) en

relación co 26-e) LO 1/1992

r/ Calvo Sotelo, 34, RibadeoAta 50.000 ptas. ou ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Carlos García Souto1.173.745LU-E 9/200026-e) ou 23-o) en

relación co 26-e) LO 1/1992

r/ Porta de Cima, 37, VilalbaAta 50.000 ptas. ou ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques e secretaria á xefa de negociado Inés Docando Casanova, que poderán ser recusados en calquera instante da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xusticia, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do R.D. 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o esta

blecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30).

Lugo, 21 de xaneiro de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo