Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 2000 Páx. 2.757

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 25 de febreiro de 2000 pola que se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-los servicios prestados polo persoal do Hospital do Meixoeiro de Vigo durante a folga que se levará a cabo desde as 11 ás 12 horas dos días 1 e 2 de marzo de 2000.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servicios públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1998, do 9 de xuño (Diario Oficial de Galicia nº 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia santaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes, por razón dos servicios esenciais afectados, para que, mediante orde e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, así como para determina-lo persoal necesario para a súa prestación.

Convocada folga que afecta o persoal do Hospital do Meixoeiro de Vigo que se levará a cabo desde

ás 11 ás 12 horas do día 1 e 2 de marzo de 2000, oído o comité de folga, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

A folga convocada desde as 11 ás 12 horas do día 1 e 2 de marzo de 2000 que afecta o persoal do Hospital do Meixoeiro de Vigo enténdese condicionada ó mantemento dos servicios mínimos que se establecen no anexo desta orde.

Os servicios mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para mante-la adecuada cobertura dos servicios da institución sanitaria, para evitar que se produzan graves prexuízos ós usuarios.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibiliza-lo respecto ineludible ó exercicio do dereito á folga, coa atención ós usuarios que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servicio dispensado.

E por iso, mantéñense os servicios mínimos necesarios para garanti-la asistencia imprescindible ós pacientes hospitalizados, así como a atención urxente ós usuarios, que non pode aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

Entrando na análise pormenorizada dos servicios mínimos, establécense os criterios rectores de determinación destes que se corresponden cos asinados coas centrais sindicais con motivo das folgas anteriores. Loxicamente, os citados criterios e a conseguinte determinación de efectivos para a presente folga atempéranse, en adecuada ponderación, á brevidade do tempo de duración dos paros da folga que nos ocupa.

Os ditos criterios rectores explicítanse do seguinte xeito:

* Persoal facultativo:

1. Cobertura do 100% da actividade urxente nun dobre ámbito.

-Servicios de urxencias e gardas médicas.

-Quirófanos urxentes para a atención dos usuarios que, ó ingresar, requiran intervención cirúrxica inaprazable.

2. Cobertura da actividade cirurxía dos pacientes hospitalizados, respecto ás patoloxías que poñan en perigo a súa vida ou agraven o seu estado de saúde.

3. Na área de hospitalización, establecerase o número necesario para garanti-las visitas médicas, a atención indefectible dos pacientes hospitalizados e as altas clínicas.

4. Garantirase, así mesmo, a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran ós pacientes hospitalizados que, ó criterio do facultativo, sexan necesarias.

5. No ámbito de consultas e procedementos en salas especiais atenderanse tamén as consideradas como urxentes ou preferentes, así como as interconsultas dos pacientes hospitalizados que o requiran, a criterio do facultativo.

6. Unidades especiais:

-Coidados críticos: o mesmo que para un domingo ou festivo.

-Diálise: o número necesario para garanti-los coidados dos pacientes afectados.

-Unidade de dor: o número necesario para garanti-los coidados dos pacientes afectados.

-Hospitais de día: o número necesario para garanti-los coidados dos pacientes afectados.

* Persoal sanitario non facultativo:

1. Cobertura do 100% da actividade urxente nun dobre ámbito:

-Servicios de urxencias.

-Quirófanos urxentes e programados para a atención dos usuarios que, ó ingresar, requiran intervención cirúrxica inaprazable.

2. Na área de hospitalización, establecerase o número necesario para garanti-los coidados dos pacientes hospitalizados, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

3. No ámbito dos servicios centrais, garantirase a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran ós doentes hospitalizados que, ó criterio do facultativo, sexan necesarias.

4. Cobertura da actividade cirúrxica dos pacientes hospitalazados respecto ás patoloxías que poñan en perigo a súa vida ou agraven o seu estado de saúde.

5. Unidades especiais:

-Coidados críticos: o mesmo que para un domingo ou festivo.

-Diálise: o número necesario para garanti-los coidados dos doentes afectados.

-Unidade de dor: o número necesario para garanti-los coidados dos pacientes afectados.

-Hospitais de día: o número necesario para garanti-los coidados dos pacientes afectados.

* Persoal non sanitario:

1. Servicio de admisión: número equivalente ó dos domingos ou festivos.

2. Secretaría de planta: o número necesario para garanti-la atención de altas clínicas.

3. Cita previa: número de efectivos que garanta a atención ó doente que o requira ata un máximo do 30% do cadro de persoal.

4. Atención ó doente: número de efectivos que garanta a atención ó doente que o requira ata un máximo do 30% do cadro de persoal.

5. Servicio de mantemento: número equivalente ós domingos e festivos.

6. Servicios de lavandería: ata un 50% do cadro de persoal.

7. Servicio de hostalería: número equivalente ós domingos e festivos.

8. Lencería: o número necesario para garanti-la atención ós pacientes hospitalizados, cun mínimo en todo caso dun efectivo.

9. Telefonista: un número equivalente ós festivos de xeito que se garanta a debida atención ós usuarios.

10. Conductores: ata un 50%.

11. Servicios administrativos:

-Dirección-información e control de xestión: un efectivo por cada servicio.

-De persoal: 40% dos efectivos.

-De subministracións: 25% dos efectivos en cada unidade.

-Xestión económica: 25% dos efectivos.

-Contratación administrativa: 1 efectivo.

-Rexistro: 1 efectivo.

-Celadores: número equivalente ós domingos e festivos en servicios xerais e o 100% en urxencias e o número necesario para a cobertura da actividade cirúrxica dos pacientes hospitalizados respecto das patoloxías que poñan en perigo a súa vida ou agraven o seu estado de saúde.

Con tales premisas determínase no anexo desta resolución, por grupos profesionais, o número de servicios mínimos do persoal afectado.

Artigo 2º

A designación nominal, con carácter rotatorio, do persoal que deberá cubri-los distintos servicios será determinada polo director-xerente do centro, procedéndose á súa publicación nos taboleiros de anuncios do centro de traballo.

Artigo 3º

Os prazos e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servicios mínimos determinados no anexo serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1º do Real decreto Lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo).

Artigo 4º

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5º

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observa-las normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Persoal facultativo.

-Facultativos de urxencias ó 100%.

-Facultativos de quirófano programado ó 100%.

ServiciosS. mínimos

Nº Efect.

Análises clínicas1

Anatomía patolóxica1

Anestesia1

Aparello dixestivo1

Cardioloxía1

Cirurxía xeral1

Cirurxía plástica1

Endocrinoloxía1

Farmacia1

Xeriatría1

Xinecoloxía1

Hematoloxía2

Inmunoloxía1

Medicina interna1

Medicina nuclear1

Medicina preventiva1

Microbioloxía1

Nefroloxía1

Pneumoloxía1

Neurofisioloxía1

Otorrinolaringoloxía1

Neuroloxía1

Dermatoloxía1

Oftalmoloxía1

Oncoloxía1

Psiquiatría1

Radioloxía3

Rehabilitación1

Reumatoloxía1

Traumatoloxía1

UCI2

Uroloxía1

Total36

Persoal sanitario non facultativo.

CategoríaNº de efectivos

ATS/DUE67

Técnicos especialistas21

Fisioterapeutas4

Aux. de enfermería57

Total149

Persoal non sanitario.

ServicioNº de efectivos

Admisión11 Aux. Adtvos.

P. subalterno25 celadores

Hostalería1 Aux. Adtivo.

5 lavandeiras

12 pasadoras de ferro

1 gobernante

1 telefonista

Servicios xerais1 Aux. Adtivo.-rexistro

1 Aux. Adtivo.-Xest. Econ.

Mantemento1 Pers. de oficio

Subministracións

Almacén

2 Aux. Adtivos. Subm.

1 Aux. Adm. almacén

2 celadores almacén

1 conductor

Persoal2 Aux. Adtivos.

Contabilidade1 aux. Adtivos.

Xerencia1 Aux. Adm.-dirección

2 azafatas

1 Aux. Adm.-C. xestión

Total72