Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2000 Páx. 2.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución dos procedementos sancionadores de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres 99/049 e 99/054.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, (BOE nº 74, do 28 de marzo), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispoñen os interesados dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo, ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 10 de febreiro de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 99/049.

Denunciado: Revuelta Esteban, Juan Jesús.

Último enderezo coñecido: Gregoria, Ponferrada (León).

Feito coñecido: circular co vehículo fóra das pistas e itinerarios permitidos, dentro do parque natural do complexo dunar de Corrubedo.

Tipificación: leve. Artigo 38.13º da Lei 4/1989, do 27 de marzo.

Sanción proposta: 15.000 pesetas.

Expediente: 99/054.

Denunciado: Couto Rodríguez, Manuel.

Último enderezo coñecido: Lusquiños, 36, Pontevedra.

Feito coñecido: circular co vehículo fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural do complexo dunar de Corrubedo.

Tipificación: leve artigo 38.13º da Lei 4/1989.

Sanción proposta: 15.000 pesetas.