Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2000 Páx. 2.549

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres 99/041 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, (BOE nº 74, do 28 de marzo), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana Mª Díaz López e secretaria a Mª Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, A Coruña, e para aportaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para a recusación da persoa designada como instructora, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Ó abeiro do disposto no artigo 8.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, cando a sanción teña carácter pecuniario, o pagamento voluntario polo imputado en calquera momento anterior á resolución, porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9).

A Coruña, 10 de febreiro de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 99/041.

Denunciado: Manero Serrano, Eduardo Daniel.

Último domicilio coñecido: r/ Nueva, 422, La Canonja, Tarragona.

Feito denunciado: acampar en lugar prohibido dentro do parque natural Fragas do Eume.

Tipificación: leve. Artigo 38.2º da Lei 4/1989, do 27 de marzo.

Sanción proposta: 15.000 pesetas.

Expediente: 99/064.

Denunciado: Rascado Ruiz, Enrique.

Último domicilio coñecido: r/ Zamora, 39-2º D, Vigo (Pontevedra).

Feito denunciado: circular co vehículo fóra das pistas e itinerarios permitidos, no parque natural de Corrubedo.

Tipificación: leve. Artigo 38.13º da Lei 4/1989, do 27 de marzo.

Sanción proposta: 15.000 pesetas.

Expediente: 99/068.

Denunciado: Paz Paz, Juan Manuel.

Último domicilio coñecido: Avda. da Coruña, 81-3º, Riveira.

Feito denunciado: circular co ciclomotor fóra das pistas e itinerarios permitidos, no parque natural de Corrubedo.

Tipificación: leve. Artigo 38.13º da Lei 4/1989, do 27 de marzo.

Sanción proposta: 15.000 pesetas.