Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2000 Páx. 2.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de incendios forestais 134I/1999 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 7 de decembro), e mais do seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE nº 38, do 13-2-1973), por non ser posible as súas notificacións.

Noméase instructora do procedemento a Ana Mª Díaz López, e secretaria a Mª Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería na Coruña, segundo o artigo 141 do Regulamento de incendios forestais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administativo de servicios múltiples-Monelos, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para a recusación da persoa designada como instructora, si concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poder ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Ó abeiro do disposto no artigo 8.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, cando a sanción teña carácter pecunario, o pagamento voluntario polo importado, en calquera momento anterior á resolición, porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 10 de febreiro de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 134I/1999.

Denunciado: Fraga Martínez, José Manuel.

Último enderezo coñecido: Barrio San Roque, nº 30, Cedeira.

Feito denunciado: queimar en época prohibida e sen toma-las debidas precaucións.

Tipificación: moi grave artigo 138 A e 138 C.

Sanción proposta: 50.000 pesetas.

Expediente: 170I/1999.

Denunciado: Amor Sixto, Juan.

Último enderezo coñecido: praza Sagrado Corazón, nº 11-5º Esqu. Cedeira.

Feito denunciado: non mante-los camiños, pistas ou devasas das explotacións forestais libres e limpos de residuos e desperdicios.

Tipificación: leve artigo 136.C.

Sanción proposta: 5.000 pesetas.

Expediente: 225I/1999.

Denunciado: Salgueiro García, José.

Último enderezo coñecido: Rial, Val do Dubra.

Feito denunciado: queimar en época prohibida, sen garda-las debidas precaucións e abandono da queima.

Tipificación: moi grave artigo 138.A, B e C.

Sanción proposta: 50.000 pesetas.

Expediente: 231I/1999.

Denunciado: Villamor Liñeira, Jesús.

Último enderezo coñecido: San Xulián-O Monte. Toques.

Feito denunciado: queimar en época prohibida.

Tipificación: moi grave artigo 138.C.

Sanción proposta: 50.000 pesetas.

Expediente: 244I/1999.

Denunciado: Yañez Freire, José.

Último enderezo coñecido: Outeiros, 2, Valdoviño.

Feito denunciado: queimar en época prohibida.

Tipificación: moi grave artigo 138.A.

Sanción proposta: 50.000 pesetas.