De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento san
cionador que se instrúe, por infracción administrativa á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 1 de decembro), e do seu Regulamento, aprobado por Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE nº 38, do 13-2-1973), por non ser posible a súa notificación.
O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na Delegación Provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, A Coruña.
Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial desta consellería na Coruña, para a resolución do procedemento.
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da postestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).
A Coruña, 10 de febreiro de 2000.
Rogelio Aramburu Núñez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Expediente: 082I/1999.
Denunciado: Giménez Giménez, Dolores.
Último enderezo coñecido: rúa Marconi, nº 51-Polígono do Tambre. Santiago de Compostela.
Feito coñecido: queimar sen autorización.
Tipificación: grave. Artigo 137.B.
Sanción proposta: 10.000 pesetas.