De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 1 de decembro), e do seu Regulamento, aprobado por Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE nº 38, do 13-2-1973), por non ser posible a súa notificación.
O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-118/1
da Caixa de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.
De conformidade co previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, o 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.
A Coruña, 10 de febreiro de 2000.
Rogelio Aramburu Núñez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Expediente: 359I/1997.
Denunciado: Castiñeira Lista, Alicia.
Último enderezo coñecido: Avda. Alfonso Molina, 32-11º, A Coruña.
Feito denunciado: queimar en época prohibida.
Tipificación da infracción: moi grave. Artigo 138.A.
Sanción proposta: 15.000 pesetas.