Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2000 Páx. 2.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Pena Luisa. (Expediente 027-EOL).

Examinado o expediente instruído por instancia de Made Energías Renovables, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en rúa do Castiñeiriño, 12-3º-A, C.P. 15702 Santiago de Compostela, sobre

autorización das instalacións do parque eólico denominado Pena Luisa; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 30 de novembro de 1998, Jerónimo Llompart Homs, en nome e representación de Made Energías Renovables, S.A. solicitou a autorización administrativa, e aprobación do proxecto de execución, do parque eólico denominado Pena Luisa, de 21,78 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo do 8 de marzo de 1999, publicada no BOP de Lugo do 25 de marzo de 1999, no diario El Progreso e La Voz de Galicia do 23 de marzo de 1999, no DOG do 19 de marzo de 1999 e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Ourol e Muras.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Francisco Jauregízar Isasi en representación de Silicatos Minerales, S.L., titular do permiso de investigación mineira Besteburiz nº 5.207 oponse ó parque só nas zonas nas que se detectou a presencia de mineral de feldespato.

2. O Concello de Ourol alega que seis parques no seu municipio son demasiados e que os estudios ambientais deberían considerar esta sinerxia. Propón compensacións directas ó concello é os veciños en vez de expropiación e solicita que se consideren posibles incompatibilidades con peticións concesionais de aproveitamentos hidroeléctricos presentadas polo concello.

3. Sinesio Porto Costa, Tomás Gómez Chao e José Luis Porto Martínez, manifestan que os nomes das parcelas nos comunicados son erróneos, descoñecen se a superficie dos seus predios afectados polas instalacións se corresponden coa realidade, pois non tiveron coñecemento de por onde discorrerán os traballos e a posible incidencia negativa que sobre as vías poidan te-las obras do parque.

4. José Antonio Fernández Pico solicita que se considere a xunta veciñal de montes en man común denominada Pena Luisa, Chao do Curro, Pena Dauga, Pedreizao e Pau do Lamoso, como propietaria do predio detallado baixo o nº 89.

Terceiro.-O 16 de xullo de 1999, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio

de Lugo emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

XY

Pena LuisaMuras0.614.0004.823.750

Ouro0.615.5004.822.250

0.616.2504.821.000

0.615.6254.821.025

0.615.5004.821.500

0.615.2504.822.000

0.614.2504.822.750

0.613.7504.823.500

Características técnicas do parque:

Nº de aeroxeradores: 33.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 Kw.

Xeradores: Made AE-46/I.

Potencia total instalada: 21,78 MW.

Producción anual estimada: 57,703 MWh/ano.

Investimento previsto: 2.904.651.574 ptas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión.

33 transformadores de 0,690/20 kV, de potencia unitaria 700 kVA, instalados unitariamente en interior torre de aeroxerador, coa súa correspondente infraestructura enterrada de evacuación de enerxía.

Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía eléctrica producida nos parques eólicos de Pena Luisa e Pedra Chantada, composta por dous transformadores principais 20/132 kV de 32 MVA de potencia cada un e dous de servicios auxiliares 20/0,38 kV de potencia unitaria 50 kVA cos correspondentes equipos de medida, manobra e protección.

Cuarto.-O 15 de decembro de 1999, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que figura no expediente, queda de manifesto que non se poden acepta-las alegacións presentadas polos interesados polas razóns que a continuación se indican:

1. Silicatos minerais. No seu momento estudiarase, se procede, a compatibilidade.

2. Concello de Ourol. No referente a expropiacións e efectos ambientais actúase conforme a lexislación vixente. No relativo ás solicitudes de aproveitamento hidroeléctrico, no seu momento estudiarase a compatibilidade.

3. Sinesio Porto Costa, Tomás Gómez Chao e José Luis Porto Martínez, as afeccións están delimitadas no proxecto tanto en superficie como o tipo de afección.

4. No levantamento de actas achegará a documentación acreditativa necesaria do predio nº 89, por José Antonio Fernández Pico como representante da xunta veciñal de montes en man común denominada Pena Luisa, Chao do Curro, Pena Dauga, Pedreizao e Pau do Lamoso.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autorizarlle a Made Energías Renovables, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Pena Luisa, que se situará nos concellos de Muras e Ourol.

-Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Made Energías Renovables, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 58.093.031 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A devandita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1, alínea 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan deberán realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 2.904.651.574 ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización desta dirección xeral. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Lugo poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicarlle a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria

e Comercio de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Made Energías Renovables, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribi-la mesma no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, de se-lo caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 15 de decembro de 1999, así como aquelas que no seu día se emitan consonte o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, polo incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden pertinente.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 1999.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria