Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2000 Páx. 2.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expedientes 319/1998 e 37/1999).

Declarados de urxente ocupación os bens e dereitos afectados pola instalación da liña eléctrica aérea a 20 kV de 26 m de lonxitude e C.T. no lugar de

Suarriba, no termo municipal das Pontes (expediente 319/1998) e da liña eléctrica aérea a 20 kV de 44 m de lonxitude e C.T. no lugar de Ladrido II, no termo municipal de Ortigueira (expediente 37/1999), por resolucións desta delegación provincial con data do 8 de marzo de 1999 e do 28 de xuño de 1999 respectivamente, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio na Avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 23 de marzo de 2000 para o levantamento das actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos dos concellos das Pontes e Ortigueira, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia, BOP e no xornal La Voz de Galicia con datas do 20 de outubro, 8 de outubro e 8 de outubro de 1998 e no Diario Oficial de Galicia, BOP e no xornal La Voz de Galicia con datas do 31 de marzo, 13 de marzo e 12 de marzo de 1999, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o

terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade con artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña