Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2000 Páx. 2.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da subestación Vilalba II e tramo de liña aérea de transporte de enerxía eléctrica con dobre circuíto a 132 kV para interconexión entrada/saída da liña existente de simple circuíto a 132 kV Vilalba-Mondoñedo, no termo municipal de Vilalba. (Expediente 15/1999 A.T.).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con enderezo para efectos de notificación en, r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo, resultan os seguintes,

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O día 12 de febreiro de 1999, a empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. solicita

a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da subestación Vilalba II e tramo de liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a dobre circuíto 132 kV para interconexión entrada/saída de liña existente simple circuíto 132 kV Vilalba-Mondoñedo.

Acompaña a dita solicitude o preceptivo proxecto a que fan referencia os artigos 8 e 10 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación a este expediente segundo o disposto na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 28 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Características técnicas principais da subestación Vilalba II:

-2 posicións de liña de 132 kV para entrada e saída da liña Mondoñedo-Vilalba, equipadas con seccionador de liña, interruptor automático, seccionador de barras, transformadores de medida, e elementos de protección, medida e telecontrol.

-1 posición de liña de 132 kV para entrada de liña de parques eólicos promovidos por Desarrollos Eólicos, S.A., equipada con seccionador de liña, interruptor automático, seccionador de barras, transformadores de medida e elementos de protección, medida, tarificación e telecontrol.

-Edificio da subestación, pórtico e embarrado correspondente ás tres posicións, alimentación de servicios auxiliares en c.c. e C.A., e elementos de comunicación e transmisión remota de información.

Características técnicas da liña:

Liña en dobre circuíto con orixe na subestación que se vai construír Vilalba II, e enlace no apoio nº 142 da liña existente Vilalba-Mondoñedo.

Tensión nominal: 132 kV.

Nº de circuítos: 2.

Lonxitude: 1,32 km.

Potencia nominal: 71 MVA.

Conductores: tipo aluminio-aceiro LA 110 de sección 116,2 mm y 4,400 kg de carga de rotura.

Segundo.-O 24 de marzo de 1999 presentouse pola empresa peticionaria Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. escrito de desistencia da declaración de utilidade pública e ínstase a continua-lo procedemento para a autorización administrativa da dita instalación eléctrica.

Terceiro.-O citado anteproxecto someteuse a información pública, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo do 21-4-1999, publicándose no DOG do 3-5-1999 e no BOP de Lugo do 19-4-1999.

Durante o período legalmente establecido non se recibiron alegacións.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial de Lugo.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la subestación Vilalba II e tramo de liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a dobre circuíto 132 kV para interconexión entrada/saída de liña existente simple circuíto 132 kV Vilalba-Mondoñedo, no termo municipal de Vilalba (Lugo).

Segundo.-Aproba-lo proxecto de execución da citada instalación.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 1999.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria