Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2000 Páx. 2.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 130/1998).

Declarados de urxente ocupación os bens e dereitos afectados pola instalación da liña eléctrica áerea a 20 kV de 679 m de lonxitude, C.T. e R.B.T. no lugar de Baltar-Banda, no termo municipal da Pobra do Caramiñal (expediente 130/1998) por resolución desta Delegación Provincial do 10 de setembro de

1999, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio na Avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-los días 2 e 3 de marzo de 2000 para o levantamento das actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello da Pobra do Caramiñal, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e o xornal La Voz de Galicia de datas 23-7-1998, 9-7-1998 e 17-7-1998, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzcan destes, de conformidade con artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña