Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2000 Páx. 2.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/3-4).

Ós efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1996, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Union Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Couto de San Honorato N.24.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, con conductor tipo R.H.V. de 230 m de lonxitude, desde a liña TRO 7.15 á altura do cruzamento das rúas Couto de San Honorato e 1ª travesía Couto de San Honorato, ata o C.T. que se proxecta no N.24 da rúa Couto de San Honorato, no concello de Vigo, finalizando no punto de inicio da liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea, de 145 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 12 de xaneiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra