Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Avda. de Castrelos, 246.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 110 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V, desde o C.T. Mestre Goldar ata o C.T. que se proxecta na Avda. de Castrelos, 246, no concello de Vigo. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V R.B.T., subterránea, de 150 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.
Pontevedra, 11 de xaneiro de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra