Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2000 Páx. 2.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407 00/1-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: remodelación liñas Avda. Castelao e reforma C.D. polígono 7.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: remodelación L.M.T. subterránea, na zona da Avda. Castelao, a 15 kV, de 540 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., na r/ O Grove desde o cruzamento das rúas Núñez de Balboa e Vilagarcía de Arousa, e desde o C.D. Martín Echegaray cruzando a Avda. Castelao ata o C.T. polígono 7. Toda a instalación está situada no Concello de Vigo. Reforma C. distribución polígono 7, con tres celas de liña CML-SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 11 de xaneiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra