Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2000 Páx. 2.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se aproba o proxecto de execución da conexión a Mesogen, S.L., anexo á rede da Coruña, no termo municipal da Coruña.

Examinado o expediente instruído por instancias da empresa Enagás, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 15 de abril de 1996, a Consellería de Industria e Comercio, otorgoulle a Enagás, S.A. a concesión administrativa para a prestación de servicio público de conducción, distribución e subministración de gas natural para usos industriais en distintos termos municipais da provincia da Coruña.

Segundo.-Con data do 8 de marzo de 1999, a referida empresa solicitou, ó amparo do establecido nos artigos 89.3º e 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, e no artigo 9 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles aprobado por Decre

to 2913/1933, do 26 de outubro, a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de instalacións da conexión a Mesogen, S.L., anexo á rede da Coruña, así coma a declaración de utilidade pública das mencionadas instalacións, acompañando a dita solicitude o preceptivo proxecto de instalacións, que foi redactado conforme o esixido polo Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado por ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, do 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994.

As modificacións no trazado afectan o termo municipal da Coruña, e en resumo serán as seguintes:

A conducción de diámetro 4'' parte do ramal A Coruña (diámetro 12'') que discorre en paralelo coa rúa do P.I. Pocomaco.

Bordea a rúa sexta polo exterior e discorre en paralelo coa estrada CP-0512 de Lugar do Campo ó Birloque por Uxes ata a rúa de acceso a Mesogén.

Unha vez se aproxima a conducción á industria indicada, redúcese a 2'' de diámetro.

A lonxitude total do trazado é de 130 m.

O orzamento ascende á cantidade de 1.558.230 ptas.

Terceiro.-Por Resolución do 20 de xaneiro de 2000, esta dirección xeral autoriza a transmisión da autorización administrativa desta instalación da empresa Enagás, S.A., a favor de Gas natural SDG, S.A., de acordo coa operación de escisión da rama de distribución de gas levada a cabo entre ámbalas dúas empresas.

Cuarto.-Esta dirección xeral someteu a información pública o referido proxecto xunto coa relación de bens e dereitos afectados, mediante Resolución do 11 de marzo de 1999, publicada no Diario Oficial de Galicia do 22 de abril, no BOP da Coruña do 14 de abril, no diario La Voz de Galicia do 25 de marzo e no taboleiro de anuncios do Concello da Coruña.

Quinto.-Durante o período legalmente establecido recibiuse a seguinte alegación ó proxecto:

-Saturnino Vázquez Morano, na súa calidade de presidente da comunidade de propietarios do polígono de Pocomaco, na alegación presentada realiza as seguintes consideracións:

1. Mesogen, S.L. é unha empresa allea ó citado polígono.

2. Ata a data, toda a canalización de gas executada se realizou na zona lindante co foxo pola vía, non afectando a zona de servicios do polígono.

3. A obra condicionará calquera posible conexión de novos servicios ó polígono, polo que propón dúas variantes ó trazado: a primeira, discorrendo a través do foxo da estrada da deputación provincial cruzando no punto que corresponda; e, a segunda, cruzando á vía antes do punto proposto o máis preto posible

da estrada da deputación provincial e levando o encanamento pegado ó foxo na zona da vía (segundo o criterio establecido por Enagás en tódalas actuacións no polígono).

A alegación foi remitida á empresa beneficiaria.

Sexto.-Así mesmo, solicitouse informe dos organismos e entidades competentes sobre determinados bens públicos e servicios que resultan afectados pola mencionada conducción de gas natural.

Sétimo.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, cos decretos 2913/1973, do 9 de decembro e 1775/1967, do 22 de xuño.

Segundo.-O proxecto cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no citado Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, así coma as normas ou regulamentos que as desenvolven, e o Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos aprobado pola orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974.

Terceiro.-Á vista da alegación presentada, da contestación esta por parte da empresa Enagás, S.A. e o resto da documentación que consta no expediente, queda de manifiesto que:

-Non pode ser aceptada ningunha das propostas da alegación presentada por Saturnino Vázquez Morano, na súa calidade de presidente da comunidade de propietarios do polígono de Pocomaco. A primeira variante non é viable porque a estrada da deputación non ten gabia, polo que non se pode levar unha conducción cun diámetro de catro pulgadas; así mesmo, a conexión non pode realizarse onde se indica, debido a que a conducción principal de 12 pulgadas está curvada e calquera conexión debe realizarse fóra da dita zona. Respecto á segunda variante, a conexión débese realizar o máis próxima posible ó vértice V-0 polo dito anteriormente. Ademais a conducción de 4 pulgadas non se pode levar por dentro da calzada porque invade a estrada CP0512, autorizando vías e obras a Enagás a posibilidade de realiza-lo cruzamento e/o paralelismo única e exclusivamente fronte á casa.

Cuarto.-Enagás procederá igualmente a realiza-los cruzamentos e afeccións a organismos públicos de acordo cos condicionados e informes realizados.

Por todo o anterior, debe accederse ó solicitado pola empresa Enagás, S.A. e, por conseguinte, proceder a aproba-lo proxecto de execución de referencia nos tramos reflectidos no punto segundo dos antecedentes, correspondentes ó termo municipal da Coruña.

Vistos os preceptos legais citados e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral

RESOLVE:

Outorgarlle a Gas Natural SDG, S.A. a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución das instalacións que se recollen no proxecto conexión a Mesogen, S.L., anexo á rede da Coruña, no tramo relacionado previamente, correspondente ó termo municipal da Coruña.

Declara-la utilidade pública das instalacións que se autorizan, para os efectos previstos no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta autorización administrativa outórgase de acordo coas condicións xerais previstas na Lei 34/1998, do 7 de outubro, o Decreto 2613/1973, do 26 de outubro, e o Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e baixo as condicións especiais seguintes:

Primeira.-As instalacións deberán realizarse conforme as especificacións e planos do proxecto que se aproba.

Segunda.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten os datos básicos do proxecto será necesario a autorización da Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Terceira.-En todo momento deberá cumprirse canto establece o Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado polas ordes do Ministerio de Industria e Enerxía, do 26 de outubro de 1983, 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994, así coma as instruccións técnicas complementarias ITC-MIG 5.2. Canalizacións de transporte e distribución de gas de alta presión A e ITC-MIG 6.1. Acometidas de gas en alta presión, aprobadas por Orde do 26 de outubro de 1983 e modificadas pola do 6 de xullo de 1984, normas UNE e demais normativas e directrices vixentes.

Cuarta.-Os materiais e instalacións eléctricas deberán cumpri-lo disposto no Regulamento electrotécnico de baixa tensión e as súas instruccións técnicas complementarias, así coma a norma UNE 20.322-86: Clasificación de localización con riscos de explosión debido á presencia de gases, vapores e néboas inflamables. A colocación de canalizacións deberá realizarse segundo o establecido na norma UNE 60-302. as zonas de seguridade e coeficientes

de cálculo estarán de acordo co establecido na norma UNE 60-305, debendo así mesmo establecerse dispositivos que limiten a presión nas canalizacións ós valores máximos de servicio autorizados.

Quinta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións será de seis meses contados desde a data en que exista posibilidade legal de ocupación física dos predios afectadas, podendo solicitar prórroga, en caso necesario, previa á oportuna xustificación.

Sexta.-A Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña deberá realizar durante as obras e unha vez rematadas estas, as comprobacións e probas que considere necesarias en relación co cumprimento das condicións xerais e específicas establecidas.

Sétima.-O peticionario manterá informada a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña de calquera incidencia que se poida producir durante a execución das obras e tamén das datas e fases previstas para a realización das probas e controis regulamentarios, todo iso con antelación suficiente, acreditando posteriormente ante a citada delegación provincial que os ensaios previstos os realizaron por entidades ou persoas legalmente facultadas e con resultado satisfactorio.

Ó remata-las obras remitiráselle a dita delegación provincial o certificado final de dirección de obra, asinado por técnico competente, que acredite que as instalacións cumpren as condicións técnicas e prescricións regulamentarias que lle son de aplicación e que se axustan ó proxecto aprobado e/ou, se é o caso, ás modificacións autorizadas, xuntando as actas e certificacións das probas e controis regulamentarios. A delegación provincial, logo do informe do técnico designado pola dita delegación estenderá, se procede, a acta de posta en marcha da instalación.

Oitava.-Os cruzamentos especiais ou outras afeccións a bens de dominio público realizaranse de conformidade cos condicionados técnicos impostos polos organismos afectados.

Novena.-O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construcción e despois da súa posta en servicio co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Décima.-Para a seguridade das instalacións a que se refire esta autorización establécense as seguintes afeccións en relación cos elementos que se mencionan:

Unha.-O pleno dominio dos terreos sobre os que se constrúen os elementos de instalación fixa en superficie.

Dúas.-Para canalizacións:

A. Imposición de servidume permanente de paso, nunha franxa de terrreo de dous (2) metros de largo, ó longo do gaseoducto, por onde discorrerá soterrado o encanamento ou encanamentos que se requiran

para a conducción do gas e que estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así coma de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous (2) metros, contados desde o eixe do encanamento.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras ou efectuar algún acto que puidera danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco (5) metros do eixe do trazado, a un e outro lado deste. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que, en cada caso, fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións, con pago, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

B. Ocupación temporal, coma necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicta para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se fará desaparecer todo obstáculo.

Tres.-Para o paso dos cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:

A. Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun (1) metro de largo, por onde discorrerán soterrados os cables de conexión e elementos dispersores, que estará suxeita á prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así coma de plantar árbores ou arbustos e realizar todo tipo de obra.

B. Ocupación temporal, coma necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicta para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se fará desaparecer todo obstáculo.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

Décimo primeira.-A compañía operadora deberá ter un programa de vixilancia, inspección e control para observa-las condicións en que se atopan as canalizacións, debendo manter unha central de avisos atendida permanentemente e dispor dun plan de urxencia escrito que describa a organización e actuación de medios humanos e materiais propios nas situacións de urxencia. Así mesmo, deberá facilitar ós servicios de bomberos, concello e organismos con competencias en materia de protección civil, copia dos planos de situación das canalizacións e características destas. Esta documentación será copia da que debe ter actualizada en arquivo a compañía operadora durante o período de explotación, de acordo co establecido no Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos e demais disposicións complementarias e modificadoras.

Décimo segunda.-A autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias de competencia doutros organismos ou entidades públicas, necesarios para realiza-las instalacións aprobadas.

Décimo terceira.-A Administración reserva o dereito a deixar sen efecto esta autorización polas causas sinaladas polo artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 20 de xullo, por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos, pola extinción da concesión da que dimana ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interporse, se é o caso, recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria