Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2000 Páx. 2.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2000, do Servicio de Estructuras Rurais da Coruña, polo que se anuncia a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de Bazar (Santa Comba-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Bazar (Santa Comba-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 117/1987, do 14 de maio (DOG nº 100, do 28 de maio).

Primeiro.-Con data do 17 de decembro de 1999, o director xeral de Desenvolvemento Rural, aprobou o acordo de concentración da zona de Bazar (Santa Comba-A Coruña), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Santa Comba e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, podendo os recorrentes presenta-lo recurso na Xefatura de Servicio de Estructuras Rurais (Edificio Administrativo, Praza Luis Seoane, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en cal

quera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un enderezo dentro do termo municipal para os efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso de alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Ley de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985).

A Coruña, 17 de xaneiro de 2000.

Rodolfo M. Rodríguez González

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais da Coruña

Visto e prace

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña