Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2000 Páx. 2.144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2000 pola que se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do plan parcial do SUNP-9 (Belvís) en Santiago de Compostela.

1. O Pleno da Corporación Municipal de Santiago de Compostela, en sesión que tivo lugar o día 3 de xullo de 1998, aprobou definitivamente o plan parcial de ordenación do SUNP nº 9 en Belvís (BOP do 18 de novembro e DOG do 27 de novembro de 1998).

O dito plan parcial contén a delimitación dun único polígono que comprende a totalidade do seu ámbito, determinándose como sistema de actuación o de expropiación, que realizará este Instituto Galego da Vivenda e Solo de conformidade cos acordos subscritos co concello e o establecido no dito plan parcial, a aprobación do cal implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos e edificios correspondentes ós fins da expropiación, segundo o establecido no artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións e no artigo 54 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

2. Por resolución desta dirección xeral, do 2 de febreiro de 1999, aprobouse definitivamente a relación de bens e dereitos e a necesidade de ocupación deles, así como segui-la expropiación polo sistema de taxación conxunta de conformidade co previsto no artigo 144 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e no artigo 201 do Regulamento de xestión urbanística.

3. Formado o oportuno expediente, por esta resolución, de conformidade co artigo 145 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e o artigo 202 do Regulamento de xestión urbanística, acordo sometelo a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas formulen as observacións e reclamacións que coiden convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos, e notificar individualmente as taxacións ós que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes contado a partir da data de notificación.

O expediente estará exposto nas oficinas da sede central deste Instituto Galego da Vivenda e Solo, sito en Área Central s/n do polígono das Fontiñas, así como nas da Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, Avda. de Salvador de Madariaga s/n, edificio administrativo de Monelos, 8ª planta; e as alegacións, dirixidas a esta Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, presentaranse por triplicado exemplar no rexistro da sede central deste Instituto Galego da Vivenda

e Solo ou no da súa Delegación Provincial da Coruña, ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

Relación de bens e propietarios do SUNP-9

Predio

PropietarioSuperf.

(m)

Valor solo (ptas.)Const. Ppais.Const. anexasPlantaciónsTotalPremio afecciónPrezo xusto (ptas.)

1Arcebispado de Santiago11.05939.580.1612.294.62541.874.7862.093.73943.968.525

2Alfonso Magán Conde8212.938.359420.5003.358.859167.9433.526.802

3Arcebispado de Santiago15.65656.032.8247.434.36663.467.1903.173.36066.640.550

4-AMaría Tarsilia Lojo3.70513.260.195135.0001.246.70014.641.895732.09515.373.990

4-BJosé Barros Escariz3.70513.260.1955.623.90818.884.103944.20519.828.308