Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2000 Páx. 2.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2000 pola que se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do plan parcial do SUNP-15 (Pontepereda-Conxo) en Santiago de Compostela.

1. O Pleno da Corporación Municipal de Santiago de Compostela, en sesión que tivo lugar o día 3 de xullo de 1998, aprobou definitivamente o plan parcial de ordenación do SUNP nº 15 en Pontepereda-Conxo (BOP do 18 de novembro e DOG do 27 de novembro de 1998).

O dito plan parcial contén a delimitación dun único polígono que comprende a totalidade do seu ámbito, determinándose como sistema de actuación o de expropiación, que realizará este Instituto Galego da Vivenda e Solo, de conformidade cos acordos subscritos co concello e o establecido no dito plan parcial, a aprobación do cal implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos e edificios correspondentes ós fins da expropiación, segundo o establecido no artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións e no artigo 54 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

2. Por resolución desta dirección xeral, do 2 de febreiro de 1999, aprobouse definitivamente a relación de bens e dereitos e a necesidade de ocupación deles, así como segui-la expropiación polo sistema de taxación conxunta de conformidade co previsto no artigo 144 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e no artigo 201 do Regulamento de xestión urbanística.

3. Formado o oportuno expediente, por esta resolución, de conformidade co artigo 145 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e o artigo 202 do Regulamento de xestión urbanística, acordo sometelo a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas formulen as observacións e reclamacións que coiden convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos, e notificar individualmente as taxacións ós que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes contado a partir da data de notificación.

O expediente estará exposto nas oficinas da sede central deste Instituto Galego da Vivenda e Solo, sito en Área Central s/n do polígono das Fontiñas, así como nas da Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, Avda. de Salvador de Madariaga s/n, edificio administrativo de Monelos, 8ª planta; e as alegacións, dirixidas a esta Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, presentaranse por triplicado exemplar no rexistro da sede central deste Instituto Galego da Vivenda e Solo ou no da súa Delegación Provincial da Coruña, ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

Relación de bens e propietarios do SUNP-15

Predio

PropietarioSuperf.

(m)

Valor solo (ptas.)Const. Ppais.Const. anexasPlantaciónsTotalPremio afecciónPrezo xusto (ptas.)

12Hrdos. de Manuel Raíces Fernández2281.493.1721.493.17274.6591.567.831

16Benigno García Suárez7594.970.6914.970.691248.5355.219.226

26Hros. Manuel Nogueira4252.783.3252.783.325139.1662.922.491

37-AErnesto Mareque Varela101661.449661.44933.072694.521

40Benigno García Suárez2.79818.324.10218.324.102916.20519.240.307

41Óscar Fernández Refojo6304.125.8704.125.870206.2944.332.164

45Dolores Noya León6904.518.8104.518.810225.9414.744.751

47Benigno García Suárez1.3348.736.3668.736.366436.8189.173.184

48Dolores Noya León112733.488733.48836.674770.162

51Benigno García Suárez9656.319.7856.319.785315.9896.635.774

57Severino Quintela Álvarez2841.859.916304.9202.164.836108.2422.273.078

59Ramón Hortas1541.008.546198.1981.206.74460.3371.267.081

62David Álvarez Quintela3001.964.7008.255.5201.513.51211.733.732586.68712.320.419

63Aurora Santos Botana6254.093.1251.104.1035.197.228259.8615.457.089

64José e Dolores López Fernández3342.187.3662.187.366109.3682.296.734

65Evaristo Turnes Cequeiro6894.512.261461.6244.973.885248.6945.222.579

66Hrdos. Antonio Espantoso Noya4372.861.9131.326.24856.0004.244.161212.2084.456.369

67Salvador Reiriz Posado3292.154.621220.3742.374.995118.7502.493.745

68Hrdos. Vicente Liñares Calvelo3122.043.28828.0002.071.288103.5642.174.852

69Enrique Fernández Otero3122.043.2882.043.288102.1642.145.452

70Jesús Iglesias Sines e outro2451.604.5051.604.50580.2251.684.730

71Hrdos. Jesús Liñares Corrales2941.925.4061.925.40696.2702.021.676

72Hrdos. Constantino González Rodríguez3011.971.2491.971.24998.5622.069.811

73Antonio Guerra Piñeiro2091.368.7411.368.74168.4371.437.178

74Hrdos. Andrés e María Iglesias Arceo2471.617.6031.617.60380.8801.698.483

75Joaquín Seoane Miguélez1821.191.9181.524.6342.716.552135.8282.852.380

76Hrdos. Rafael Vila Rodríguez3192.089.1312.089.131104.4572.193.588

79Fernando Gómez López63412.587518.54177.0001.008.12850.4061.058.534

80José María López López88576.31211.292.79211.869.104593.45512.462.559

82Otilia Barreiro Gómez98641.8029.519.40010.161.202508.06010.669.262

84Benigno García Suárez5.16533.825.58533.825.5851.691.27935.516.864