Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2000 Páx. 2.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2000 pola que se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do plan parcial do SUNP-16 (Volta do Castro) en Santiago de Compostela.

1. O Pleno da Corporación Municipal de Santiago de Compostela, en sesión que tivo lugar o día 3 de xullo de 1998, aprobou definitivamente o plan parcial de ordenación do SUNP nº 16 en Volta do Castro (BOP do 18 de novembro e DOG do 27 de novembro de 1998).

O dito plan parcial contén a delimitación dun único polígono que comprende a totalidade do seu ámbito, determinándose como sistema de actuación o de expropiación, que realizará este Instituto Galego da Vivenda e Solo, de conformidade cos acordos subscritos co concello e o establecido no dito plan parcial, a aprobación do cal implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos e edificios correspondentes ós fins da expropiación, segundo o establecido no artigo 33

da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións e no artigo 54 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

2. Por resolución desta dirección xeral, do 2 de febreiro de 1999, aprobouse definitivamente a relación de bens e dereitos e a necesidade de ocupación deles, así como segui-la expropiación polo sistema de taxación conxunta de conformidade co previsto no artigo 144 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e no artigo 201 do Regulamento de xestión urbanística.

3. Formado o oportuno expediente, por esta resolución, de conformidade co artigo 145 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e o artigo 202 do Regulamento de xestión urbanística, acordo sometelo a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas formulen as observacións e reclamacións que coiden convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos, e notificar individualmente as taxacións ós que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes contado a partir da data de notificación.

O expediente estará exposto nas oficinas da sede central deste Instituto Galego da Vivenda e Solo, sito en Área Central s/n do polígono das Fontiñas, así como nas da Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, Avda. de Salvador de Madariaga s/n, edificio administrativo de Monelos, 8ª planta; e as alegacións, dirixidas a esta Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, presentaranse por triplicado exemplar no rexistro da sede central deste Instituto Galego da Vivenda e Solo ou no da súa Delegación Provincial da Coruña, ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

Relación de bens e propietarios do SUNP-16

Predio

PropietarioSuperf.

(m)

Valor solo (ptas.)Const. Ppais.Const. anexasPlantaciónsTotalPremio afecciónPrezo xusto (ptas.)

9Hrdos. José Seijas Cobas37312.576312.57615.629328.205

10Esperanza Vidal Seoane33278.784278.78413.939292.723

12Carmen Fernández García79667.392667.39233.370700.762

17Hrdos. Ramón Álvarez García47397.056397.05619.853416.909

24Antonio Rama Seoane2031.714.9441.714.94485.7471.800.691

25Hrdos. José Salgueiro Raposo2051.731.8401.731.84086.5921.818.432

30Dolores Noya León6455.448.9605.448.960272.4485.721.408

31Dolores Noya León8327.028.7367.028.736351.4377.380.173

Predio

PropietarioSuperf.

(m)

Valor solo (ptas.)Const. Ppais.Const. anexasPlantaciónsTotalPremio afecciónPrezo xusto (ptas.)

34Antonio Rama Seoane9898.355.0728.355.072417.7548.772.826

38Víctor Casal Míguez25211.200211.20010.560221.760

43Hrdos. Carmen Fernández García96811.008811.00840.550851.558

50Hrdos. Antonio Espantoso Noya96811.008811.00840.550851.558

51Hrdos. José Salgueiro Raposo5714.823.8084.823.808241.1905.064.998

53Carlos Castro Vidal7886.657.0246.657.024332.8516.989.875

57Encarnación Andrade González867.58467.5843.37970.963

58José López Fernández1481.250.3041.250.30462.5151.312.819

59José Castro Vidal3132.644.2242.644.224132.2112.776.435

60Albino Pazos Picón1591.343.2321.343.23267.1621.410.394

70Hrdos. José Salgueiro Raposo6275.296.8965.296.896264.8455.561.741

72Hrdos. de Liñares Calvelo e Carmen Corrales3082.601.9842.601.984130.0992.732.083

78Dolores Noya León1.31011.066.88011.066.880553.34411.620.224

84Manuela Saavedra Castro1981.672.7043.789.630122.00815.0005.599.342279.9675.879.309

86Dolores Noya León1261.064.4481.064.44853.2221.117.670

91Fidel Viqueira Sende3593.032.83212.882.542410.810352.00016.678.184833.90917.512.093

94Manuela Quintás Calvo56473.088473.08823.654496.742

95Manuel Domínguez Rial1431.208.0646.754.784943.8888.906.736445.3379.352.073

96Carmen Sende Francos1241.047.5522.948.517182.645114.0004.292.714214.6364.507.350

96-AMª del Pilar Garazo Sende1191.005.3122.948.5173.953.829197.6914.151.520

104Manuel Tarrío Seoane1941.638.9121.638.91281.9461.720.858

106José e Dolores López Fernández94794.112794.11239.706833.818

106-ADolores Noya León1791.512.1921.512.19275.6101.587.802