Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2000 Páx. 2.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2000 pola que se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do plan parcial do SUNP-3 (As Cancelas-Mallou) en Santiago de Compostela.

1. O Pleno da Corporación Municipal de Santiago de Compostela, en sesión que tivo lugar o día 3 de xullo de 1998, aprobou definitivamente o plan parcial de ordenación do SUNP nº 3 nas Cancelas-Mallou (BOP do 18 de novembro e DOG do 27 de novembro de).

O dito plan parcial contén a delimitación dun único polígono que comprende a totalidade do seu ámbito, determinándose como sistema de actuación o de expropiación, que realizará este Instituto Galego da Vivenda e Solo de conformidade cos acordos subscritos co concello e o establecido no dito plan parcial, a aprobación do cal implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos e edificios correspondentes ós fins da expropiación, segundo o establecido no artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións e no artigo 54 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

2. Por resolución desta dirección xeral, do 2 de febreiro de 1999, aprobouse definitivamente a relación de bens e dereitos e a necesidade de ocupación deles, así como segui-la expropiación polo sistema de taxación conxunta de conformidade co previsto no artigo 144 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e no artigo 201 do Regulamento de xestión urbanística.

3. Formado o oportuno expediente, por esta resolución, de conformidade co artigo 145 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e o artigo 202 do Regulamento de xestión urbanística, acordo sometelo a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas formulen as observacións e reclamacións que coiden convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos, e notificar individualmente as taxacións ós que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes contado a partir da data de notificación.

O expediente estará exposto nas oficinas da sede central deste Instituto Galego da Vivenda e Solo, sito en Área Central s/n do polígono das Fontiñas, así como nas da Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, Avda. de Salvador de Madariaga s/n, edificio administrativo de Monelos, 8ª planta; e as alegacións, dirixidas a esta Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, presentaranse por triplicado exemplar no rexistro da sede central deste Instituto Galego da Vivenda e Solo ou no da súa Delegación Provincial da Coruña, ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

Relación de bens e propietarios do SUNP-3

Predio

PropietarioSuperf.

(m)

Valor solo (ptas.)Const. Ppais.Const. anexasPlantaciónsTotalPremio afecciónPrezo xusto (ptas.)

1Cooperativas de Vivendas Cervantes2581.686.546406.9942.093.540104.6772.198.217

1-AJosé Mato Otero8275.406.0995.406.099270.3055.676.404

2Manuel González Vázquez3.38422.121.2081.228.58412.00023.361.7921.168.09024.529.882

3Victorino Cores Ramos3802.484.0602.484.060124.2032.608.263

4José Galante García3802.484.0602.484.060124.2032.608.263

5María Suárez Franqueira e Hrdos. Ramón V3342.183.3584.670.2661.261.01560.0008.174.639408.7328.583.371

6José Liste Mosquera1.89012.354.9301.422.4561.112.50014.889.886744.49415.634.380

7Josefina Carnota Boo2891.889.1931.889.19394.4601.983.653

8Carmen López Rodríguez1.0156.635.0556.635.055331.7536.966.808

9Antonio López Rodríguez2.12613.897.662270.270141.00014.308.932715.44715.024.379

10Josefina Corral Suárez77503.3492.439.2282.942.577147.1293.089.706

11María López Rodríguez4.28327.997.97127.997.9711.399.89929.397.870

12Ramón López Rodríguez3.40422.251.94822.251.9481.112.59723.364.545

13Jesús Parga Castelo1.1547.543.6987.543.698377.1857.920.883

14José Cendal García8885.804.85610.145.1171.202.278216.00017.368.251868.41318.236.664

15Josefina Rozas Ponte9986.523.9267.895.3702.471.29216.890.588844.52917.735.117

17Hrdos. de Dolores Sánchez Couto2.58116.871.9974.713.930797.643264.00022.647.5701.132.37923.779.949

18Manuel e Domingo A. Mariño del Río5.29434.606.87834.606.8781.730.34436.337.222

19José Fernández Carnota1.2308.040.5108.040.510402.0268.442.536

20Francisco Viaño Veiras4.70930.782.7337.758.4323.992.711615.30043.149.1762.157.45945.306.635

21Nieves Castro Mato e Hrdos. Constantino S.2121.385.8443.377.392184.8314.948.067247.4035.195.470

22Erundina Fernández Estévez134875.9584.353.453595.5725.824.983291.2496.116.232

22-AMaría Piñeiro Fernández108705.996261.145967.14148.3571.015.498

23Jesús Iglesias Rey4502.941.6502.941.650147.0833.088.733

23-AManuela Lema Bouzas2581.686.5461.686.54684.3271.770.873

24Daniel Goldar Beiras4502.941.650197.1893.138.839156.9423.295.781

25Julia Lema Bouzas5503.595.3503.595.350179.7683.775.118

26Avelino Carneiro Vázquez9256.046.7256.046.725302.3366.349.061

27Antonio Raposo Sánchez2331.523.1211.523.12176.1561.599.277

28Marcelino Lema Lobato4853.170.4453.170.445158.5223.328.967

29José Mecías Naveiro5673.706.4793.706.479185.3243.891.803

30Mª Eva Rodríguez Lema5133.353.4813.353.481167.6743.521.155

31José Manuel Rodríguez Lema5673.706.4793.706.479185.3243.891.803

32José Manuel Camina Orizales5613.667.2573.667.257183.3633.850.620

33Antonio Raposo Sánchez4282.797.8362.797.836139.8922.937.728

34Ángel Rosendo Suárez Cancela1.58610.367.68210.367.682518.38410.886.066

35Serafín Rafael Cabo Landeira3.02419.767.88819.767.888988.39420.756.282

36Comunidade Veciños Caixa Galicia2.05013.400.8501.039.94014.440.790722.04015.162.830

37Manuel Ángel Vilas Moure6564.288.2724.288.272214.4144.502.686

38Ignacio González Fernández2.19214.329.1041.793.0221.184.60017.306.726865.33618.172.062

39José Rico Mosquera81529.497529.49726.475555.972