Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2000 Páx. 2.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, con data do 1 de febreiro do ano 2000, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de execución nº 12 das normas subsidiarias municipais sita no Temple, promovido por Lumiera, S.L., e redactado polo arquitecto Fermín Corrochano Casares.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a infomación pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes. O expediente

poderá ser cosultado na Unidade Xurídica de Urbanismo e Persoal deste concello.

Cambre, 14 de febreiro de 2000.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde