Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2000 Páx. 2.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO para adxudicación, por concurso, da asistencia técnica de consultoría, asesoramento e xestión integral para a adxudicación da concesión administrativa de construcción e explotación do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo.

1. Entidade adxudicataria: Concello de Culleredo (A Coruña). Praza do Concello nº 12, Tarrío-Cu

lleredo (A Coruña), España. Teléfono: 981 67 77 77. Fax: 981 67 76 46.

2. Obxecto do contrato: asistencia técnica de consultoría, asesoramento e xestión integral para a adxudicación da concesión administrativa de construcción e explotación do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo.

3. Lugar de execución: Culleredo (A Coruña).

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Prezo do contrato: 55.000.000 de ptas./330.556,66 euros, IVE incluído.

7. Duración do contrato: 4 anos.

8. Fianza provisional: 1.100.000 ptas./6.611,13 euros.

9. Fianza definitiva: 2.200.000 ptas./13.222,27 euros.

10. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo. Rúa do Concello-Tarrío nº 12. Culleredo-A Coruña (España).

Enviarase contra reembolso logo de pagamento dos gastos que ocasione.

11. Prazo de presentación de ofertas: remata o 15 de marzo de 2000.

12. Apertura de ofertas: realizarase en acto público, na Casa do Concello o 24 de marzo de 2000, ás 12 horas.

13. Gastos de anuncios: serán de conta do adxudicatario.

14. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 18 de xaneiro de 2000.

Culleredo, 18 de xaneiro de 2000.

P.D. (Resolución 22-10-1999, BOP do 13 de novembro)

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía, Facenda, Patrimonio

e Contratación