Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2000 Páx. 2.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Culleredo (A Coruña), na súa sesión celebrada o 2 de decembro de 1999, aprobou as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso de méritos entre funcionarios de carreira das administracións públicas, dun posto baleiro da escala da Administración xeral, subescala administrativa, denominación xefe de negociado de persoal.

No BOP nº 298, do 30 de decembro de 1999, publícanse integramente as bases da convocatoria que rexerán a provisión do dito posto.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Culleredo, 19 de xaneiro de 2000.

P.D. (Resolución 22-10-1999, BOP do 13 de novembro)

Alicia Ferreiro Varela

Concelleira de Persoal, Réxime Interior

e Seguridade Cidadá