Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2000 Páx. 2.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO de concurso.

Aprobado por resolución da alcaldía do 18 de xaneiro de 2000 o prego de cláusulas administrativas particulares regulador do concurso, con procedemento aberto, para a subministración de equipamentos informáticos, exponse ó publico polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG. Asemade, publícase o seguinte anuncio de licitación, ben que quedará aprazada cando sexa necesario no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Obxecto do concurso: a subministración e instalación de 10 ordenadores, 1 impresora láser, 1 tarxeta RDSI para servidor, 2 servidores e impresión externos, 1 conmutador 16 portos 10/100, con destino ós distintos departamentos municipais.

Información: secretaría municipal-Negociado de Contratación.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral, Negociado de Contratación ata as 14 horas do día dentro do prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta dos adxudicatarios.

Ortigueira, 21 de xaneiro de 2000.

Antonio Campo Fernández

Alcalde