Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2000 Páx. 2.025

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 28/2000, do 3 de febreiro, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento dun membro do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 5 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 7 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, e atendendo a designación formulada pola Federación Galega de Municipios e Provincias, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do tres de febreiro do dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cese como membro do Consello Escolar de Galicia en representación da Administración local, proposta polas federacións ou asociacións de concellos:

María Victoria Abad Naveira.

Artigo 2º

Nomear como membro do Consello Escolar de Galicia en representación da Administración local, pro

posta polas federacións ou asociacións de concellos, polo tempo que resta para completa-lo mandato da persoa a quen substitúe:

María Josefa Cebreiro Santos.

Disposición derradeira

Única.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, tres de febreiro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria