Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución e se autoriza e declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T., C.T., R.B.T. Castro-A Barrela, no concello de Carballedo. (Expediente 20/1999 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na rúa Sáenz Díez 45 Ourense, que solicita aprobación de proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Visto que na tramitación do expediente se presentaron as seguintes alegacións:

1. Bernardino López Saco, que solicita a paralización do expediente por voa-lo trazado da liña sobre unha edificación da súa propiedade situada no predio nº 9 dos afectados pola L.M.T. proxectada.

2. Daniel Pereira Torres, que manifesta que non se opón ó trazado da liña proxectada sempre e cando lle sexan pagadas as indemnizacións pendentes correspondentes ós mutuos acordos acadados coa empresa beneficiaria e referentes a outros proxectos de instalacións eléctricas.

3. Manuel Antonio Glez. Glez., que solicita unha modificación do trazado da liña, e ser informado de se a localización do centro de transformación será no predio da súa propiedade, pasando despois a facer diversas consideracións en canto á indemnización que corresponda pola imposición da servidume de paso.

4. Ramón García Seara, en representación de José Lobelle Quintillán, que solicita que se estableza un novo trazado da liña eléctrica de forma que non afecte o predio do seu representado, así como a utilización do procedemento de expropiación parcial no artigo 46 da Lei de expropiación forzosa.

5. Felisa Fdez. Vázquez, que solicita lle sexa remitida copia de toda a documentación que consta no expediente, así como copia do acordo do Consello de Ministros no que se declara a urxente ocupación dos bens afectados.

Considerando que tales alegacións non impiden continuar coa tramitación do expediente polas seguintes razóns:

1. Con respecto á alegación presentada por Bernardino López Saco, por canto a empresa beneficiaria realizou unha variación no trazado da liña sobre o predio nº 9, de forma que esta non voe sobre a edificación existente.

2. No referente á alegación presentada por Daniel Pereira Torres, por canto as indemnizacións por mutuos acordos acadados que lle reclama á empresa beneficiaria corresponden a outros expedientes de instalacións eléctricas, sendo improcedente a súa acumulación ó presente expediente.

3. En canto ó manifestado por Antonio Glez. Glez., porque para a modificación do trazado solicitado non se dan os requisitos establecidos no artigo 26 do Decreto 2619 de 1966, do 20 de outubro, nin no artigo 57.B da Lei 54/1997, do sector eléctrico; o C.T. non se situará no predio da súa propiedade, non correspondendo a esta fase do expediente a fixación da indemnización que de se-lo caso proceda pola imposición da servidume de paso.

4. Con respecto a alegación presentada por Ramón García Seara, en representación de José Lobelle Quintillán, por canto que para a modificación do trazado solicitado tampouco se dan os requisitos establecidos no artigo 26 e 57.B respectivamente do decreto e da lei anteriormente citados; así mesmo, no referente a imposición da servidume de paso sobre o predio do afectado, porque a dita imposición, que non afecta a totalidade do predio, non é outra cousa que unha expropiación parcial que abrangue as limitacións á propiedade recollidas no artigo 20 do Decreto 2619 de 1966 pero que non lle impide ó dono do predio servente cercalo, plantalo ou edificar nel, deixando a salvo a dita servidume, sendo na fase de prezo xusto cando se fixe a indemnización que corresponda a consecuencia da imposición desta servidume de paso.

5. En canto o manifestado por Felisa Fdez. Vázquez porque 1º. A solicitude de que se lle remita ó seu domicilio unha copia de todo o expediente administrativo non se ampara en ningunha normativa que a sustente, xa que o artigo 33 da Lei 30/1992 do procedemento administrativo común unicamente se refire á obtención de copias de documentos incluídos no expediente e o artigo 37 desa lei establece que o acceso dos particulares ós arquivos e rexistros non pode afecta-la eficacia do funcionamento dos servicios públicos, polo que deberá formularse petición individualizada dos documentos que se desexen consultar. 2º. Tal expediente foi obxecto da correspondente información pública e á interesada practicóuselle-la oportuna notificación recollida na normativa de aplicación (Lei 54/1997, do sector eléctrico e Decreto 2619/1966, que desenvolve a Lei 10/1966, de expropiación forzosa en materia de instalacións eléctricas). 3º. A declaración de utilidade pública das instalacións eléctricas segundo o

dispón o artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, leva implícita a necesidade da ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos dos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, polo que para esta urxente ocupación non é necesario o acordo do Consello de Ministros ó estar recoñecido expresamente por lei.

Visto sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, obsérvase que a liña, ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea Castro-A Barrela, cunha tensión de 20 kV, con orixe no P62 da L.M.T. Os Peares-Oleiros e remate no DC do centro de reparto da Barrela, cunha lonxitude de 2,985 km conductor tipo/sección LA-110/116,2 mm e nº apoios/tipo 4/HVH, 8/HV, 1/T.

2. Liña de media tensión aérea ó C.T. de centro escolar, cunha tensión de 20 kV con orixe na L.M.T. ó C.T. de Lousada e remate no paso aéreo-subterráneo da L.M.T. o C.T. centro escolar, cunha lonxitude de 0,331 km conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e nº apoios/tipo 2/HVH, 3/HV.

3. Liña de media tensión subterránea o C.T. do centro escolar, cunha tensión de 20 kV, conductor

tipo/sección RHV-12/20 kV-3x95 Al, con orixe no paso aéreo-subterráneo da L.M.T. ó C.T. centro escolar e remate no C.T. do centro escolar e cunha lonxitude de 0,015 km.

4. Centro de transformación prefabricado do centro escolar, situado na Barrela, cunha potencia de 160 kVA.

5. Liña de baixa tensión aérea do centro escolar, con orixe no C.T. do centro escolar, cunha lonxitude de 0,17 km nº apoios/tipo 4/HV.

6. Rede de baixa tensión, subterránea do centro escolar, con orixe no C.T. do centro escolar e cunha lonxitude de 0,015 km.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 13 de maio de 1999.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo, do 14 de xullo de 1999, Diario Oficial de Galicia, do 6 de xullo de 1999 e no diario El Progreso, do 19 de xuño de 1999 e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 10 de xaneiro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincal de Lugo