Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/362-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: retranqueo L.M.T.A., D.C., Polg. San Valentín.

Situación: Fene.

Descricións técnicas: modificación de liña eléctrica aérea en dobre circuíto, nas inmediacións do polígono de San Valentín, pasándoa a subterránea, consistente en: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, en dobre circuíto, baixo tubo, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 2x3(1x240) mm Al, de 535 m de lonxitude, discorrendo pola vía próxima ó polígono residencial de San Valentín, entroncando mediante apoios metálicos na rede na que se intercala. Fene.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña