Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/363-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T. Gontalde-Zas (Reventa Pose).

Situación: Zas.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 360 m de lonxitude, con orixe na liña aérea Baio 2-Artón

(expediente 50182) e final no CS Reventa Pose. Centro de transformación, tipo intemperie, de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Gontalde, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 190 m de lonxitude enlazando con rede existente no lugar. Zas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña