Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución e se autoriza e declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T., C.T., R.B.T. Agüeira, Ousón, Valiña, no concello de Becerreá. (Expediente 6/1999 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na rúa Sáenz Díez 45 Ourense, que solicita aprobación de proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulkos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Visto que na tramitación do expediente se presentaron as seguintes alegacións:

1. Manuel Núñez Alba, que solicita unha variación do trazado da liña por considerar que existe un lugar máis axeitado para el; ademais, solicita que, no caso de que non sexa modificado o trazado proxectado, sexan detallados especificamente os bens da súa propiedade que queden afectados, incluíndo as árbores e indicando o seu número e características.

Considerando que a devandita alegación non impide proseguir coa tramitación do expediente por canto:

a) A modificación do trazado da liña non pode ser tida en conta por non darse as condicións previstas no artigo 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, e no artigo 57.B da Lei 54/1997, do sector eléctrico.

b) Será no levantamento das actas previas para a ocupación do predio do alegante cando se describan de xeito detallado os bens e dereitos afectados, incluíndo as árbores e as súas características, descrición esta que servirá de base para a determinación do prezo xusto que corresponda. A data en que se proceda ó dito levantamento seralle notificada ó interesado con antelación suficiente para que poida comparecer e manifesta-lo que coide oportuno.

Visto sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, obsérvase que a liña, ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuída polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea derivación ó C.T. de Agüeira, de 20 kV con orixe na L.M.T. Becerreá-As Nogais e remate no C.T. de Agüeira, cunha lonxitude de 0,287 km. Conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm, 3 apoios de formigón e largo de afección 10 m.

2. Centro de transformación intemperie de Agüeira, situado en Agüeira, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Liña de baixa tensión aérea en Valiña-A Balsa con orixe no C.T. da Balsa, cunha lonxitude de 1,24 km e nº apoios/tipo 27/HV-MAD.

4. Liña de baixa tensión aérea en Ousón-Morcelle con orixe no C.T. de Morcelle, cunha lonxitude de 1,7 km e nº de apoios/tipo 33/HV-MAD.

5. Liña de baixa tensión aérea en Agüeira-Cela-Cormes con orixe no C.T. de Agüeira, cunha lonxitude de 2,5 km e nº de apoios/tipo 51 HV-MAD.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 12 de agosto de 1999.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 6 de outubro de 1999, Diario Oficial de Galicia

do 11 de outubro de 1999 e no diario El Progreso do 18 de setembro de 1999 e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 7 de xaneiro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincal de Lugo