Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1999, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se fai pública a clasificación do monte denominado Lameiro Vello, Telleira, A Brea-1, A Brea-2, a favor dos veciños da vila do Barón da parroquia de Seoane, no concello do Carballiño (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, na sesión que tivo lugar o 2 de xuño de 1999, adopta-lo seguinte acordo.

Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común denominado Lameiro Vello, Telleira, A Brea-1, A Brea-2, por solicitude dos veciños da vila do Barón, parroquia de Seoane, do concello do Carballiño.

Resultando que con data do 30 de maio de 1996 tivo entrada no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense, escrito dirixido ó Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común asinado polos veciños da vila do Barón da parroquia de Seoane, concello do Carballiño, solicitando que se declare o monte Lameiro Vello, Telleira, A Brea-1, A Brea-2 como veciñal en man común.

Resultando que o xurado provincial, en sesión que tivo lugar o en data 12 de xuño de 1996, acordou tomar en consideración o citado escrito e inicia-lo expediente de clasificación do monte designando instructores del a Miguel Ángel González Trigás e José Manuel Baltar Blanco, que aceptaron tal cargo, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade do Carballiño, e remi

tíndose comunicacións dirixidas ós veciños da vila do Barón da Parroquia de Seoane, ó presidente da Deputación provincial de Ourense, ó alcalde do Concello do Carballiño, á Consellería de Obras Públicas e Ordenación Territorial, e ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, á Xerencia Territorial do Catastro, ó Servicio de Extensión Agraria, á Confederación Hidrográfica do Norte, ó Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural, publicándose edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello do Carballiño, durante o prazo dun mes segundo consta en dilixencia estendida ó dorso do edicto polo secretario do citado concello, para que durante o prazo sinalado en edictos os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos, non constando presentada ningunha alegación.

Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente se practicou no Rexistro da Propiedade do Carballiño, como segue:

Folios 205 ó 208, ámbolos dous.

Libro 122 do Carballiño.

Tomo 461.

Predios 17.417 ó 17.426, ámbolos dous inclusive, anotacións letra A.

Resultando que na reunión do xurado, do 30 de setembro de 1998, se adoptou o acordo de nomear instructora a Míriam López Areal en substitución de José Manuel Baltar Blanco nos expedientes de clasificación pendentes.

Resultando que na tramitación do expediente se cumpriron tódalas formalidades legais.

Considerando que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten xurisdicción e competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9 da citada lei.

Considerando que o tipo de comunidade xermánica que institúe a Lei de montes veciñais en man común ten como características esenciais as seguintes: 1) Que os condominios se unen por vínculos persoais de vecindade agrupados en parroquias, aldeas, lugares, casaríos ou barrios non constituídos formalmente en entidades municipais; 2) Que, polo tanto, o número de titulares é variable e indeterminado; 3) Que o patrimonio colectivo é utilizado e aproveitado polo veciño, en canto membro da agrupación veciñal, faltando a idea de cota no sentido xurídico-romano; 4) Que o patrimonio e a participación é inalienable, imprescritible e inembargable; e 5) Que a comunidade é indivisible, non podendo os comuneiros pedi-la «actio communi dividumdo».

Considerando que segundo informacións e testemuños resulta que os montes citados son aproveitados, posuídos en réxime de comunidade xermánica, polos veciños da vila do Barón da parroquia de Seoane, no concello do Carballiño.

Os datos do citado monte son os que se referencian na parte dispositiva deste acordo.

Considerando que das informacións recollidas resulta que os veciños da vila do Barón da parroquia de Seoane, están conformes coa clasificación do citado monte coma veciñal en man común.

Considerando que a teor do disposto na Lei de montes veciñais en man común, o expediente de clasificación iniciouse por acordo do xurado, por instancia dos veciños da vila do Barón da parroquia de Seoane, e para que este xurado puidese acorda-la iniciación do expediente de clasificación.

Vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, así como o establecido na Lei de procedemento administrativo do 30 de setembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999.

Visto o Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais e Man Común, á vista dos antecedentes e fundamentos expostos e por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Primeiro.-Clasifica-lo monte denominado Lameiro Vello, Telleira, A Brea-1, A Brea-2, de 19.140 m aproximadamente en conxunto de superficie, a favor dos veciños da vila do Barón da parroquia de Seoane, no concello do Carballiño (Ourense), como veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica, e cos datos que a seguir se relacionan:

Concello: O Carballiño.

Denominación do monte: Lameiro Vello, Telleira, A Brea-1, A Brea-2.

Comunidade propietaria: veciños da Vila do Barón, parroquia de Seoane.

Superficie: 19.140 m, aproximadamente en conxunto.

Monte Lameiro Vello dunha superficie aproximada de 8.400 m e as estremas seguintes:

Norte: Manuel Casero.

Sur: Manuel Decabo.

Leste: monte veciñal das Fontaíñas.

Oeste: Sofía Figueiredo e Manuel Decabo.

Monte A Telleira dunha superficie aproximada de 4.600 m, e as estremas seguintes:

Norte: herdeiros de Elier Ojea Álvarez, matadoiro municipal e Luis Rodríguez.

Sur: Manuel Decabo e Celsa Decabo.

Leste: camiño público e Celsa Decabo.

Oeste: camiño público e expropiación da estrada Partovía-Seoane.

Monte A Brea-1 dunha superficie aproximada de 1.640 m, e as estremas seguintes:

Norte: camiño público ó Barón de Seoane.

Sur: Josefa Corral, Manuel Decabo e Celsa Decabo.

Leste: terreo expropiado, estrada Ribadavia-Cea.

Oeste: Emilio González e Celsa Cutixa.

Monte A Brea-2 dunha superficie aproximada de 4.500 m, e as estremas seguintes:

Norte: Emilio González, camiño, Dolores Casero e camiño.

Sur: camiño.

Leste: Isaac Muleiro, Antonio Pérez, herdeiros de Manuel Casero e Juan Alonso.

Oeste: José Casero, camiño e Emilio González.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscritos a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíquese esta resolución ó alcalde-presidente do Concello do Carballiño, ós representantes da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode ser obxecto de recurso de reposición potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa).

O que por orde do presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 5 de xuño de 1999.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense