Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Arte Moderna (Armo).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e o estatuto da Asociación Arte Moderna (Armo), que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: provincial.

Profesional: profesionais da arte en xeral e, especificamente, pintores e poetas.

Asinan a acta de constituación: Fernando S. Valeiras Sotelo e Ana M. González Fernández.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 18 de xaneiro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra