Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación Gallega de la Carne.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 30 de decembro de 1999 certificación expedida polo secretario da Asociación Gallega de la Carne, Cándido García Fernández, avalada co visto e prace do presidente, Luis Corujo Díaz, na que se reflicte o acordo acadado por unanimidade na Xunta Xeral de Asociados celebrada o día 16 de decembro de 1999, e que consiste nunha nova redacción dos estatutos.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais