Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional Prevenga de Salud Laboral y Prevención de Riesgos Laborales de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional Prevenga de Salud Laboral y Prevención de Riesgos Laborales de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas que realicen a súa actividade no ámbito profesional da prevención de riscos laborais e no ámbito territorial de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Ana Belén Lorenzo Conde e cinco persoas máis.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais